Agamme, “Asociación Galega contra o Maltrato a Menores” co gallo, o próximo 20 de novembro, do 30 aniversario da Convención dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, ratificado por 195 estados, CONVOCA o primeiro concurso escolar para a divulgación do contido desta convención, co obxectivo de favorecer o seu coñecemento dentro do ámbito escolar. O texto desta declaración, aprobouse o 20 de novembro de 1989, e o seu cumprimento é obrigatorio para todos os países que a ratifiquen.

Dentro dos 54 artigos que a compoñen, para esta primeira edición, o concurso estará dedicado a dar a coñecer e reflexionar sobre o dereito recollido co número 12.

Artículo 12: Dereito a expresar a súa opinión e a ser escoitados e escoitadas

Todas as nenas e nenos teñen dereito a expresar libremente a súa opinión en todos os asuntos, e a ser escoitados e escoitadas nos temas que teñan que ver con eles e elas. Os nenos e nenas teñen dereito a ser escoitados en procedementos xudiciais ou administrativos que lles afecten.

Bases concurso edición 2019

1º Poderán participar neste concurso todo o alumnado dos niveis de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

2º Os traballos que se  presenten consistirán nunha obra realizada en formato A4, soporte folio ou cartolina, orientación horizontal, realizado en calquera técnica , que faga relación ao Artigo 12 da Declaración dos Dereitos da Infancia.

3º No anverso de cada traballo farase constar nome e apelidos, idade e curso do alumnado participante e nome do centro escolar.

4º Seleccionaranse doce traballos que serán editaranse nun calendario conmemorativo.

5º O xurado seleccionador destes traballos estará composto por tres persoas da directiva de AGAMME vinculadas ao mundo do ensino.

6º Cada un dos traballos seleccionados recibirá como premio un calendario conmemorativo onde aparecerá publicado. Tamén se enviará un calendario ás aulas que participen colectivamente aínda que os seus traballos non figuren entre os seleccionados.

7º Os traballos deberán ser depositados nos contedores que a asociación AGAMME colocará nos distintos centros escolares, e no seu defecto poderán ser enviados ao enderezo:

AGAMME

Rua Enrique Granados 19 1ºd

15406 Ferrol

8º O prazo de entrega e recollida de traballos remata o 30 de novembro. O resultado do concurso publicarase na web de AGAMME 

9º Os calendarios remitiranse aos enderezos dos centros educativos recollidos no anverso dos traballos seleccionados, ou no seu caso entregados no propio centro escolar.

Ferrol, 28 de outubro de 2019

 

 
1º Concurso escolar “Son os teus dereitos”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*