Desde AGAMME recollemos as palabras ofrecidas o pasado 30 de marzo no programa Hora 25 da Cadena SER por Miguel Lorente, profesor de Medicina Legal da Universidade de Granada, nunha entrevista no que afonda nas dramáticas e recentes cifras sobre violencia de xénero publicadas na Macroenquisa de Violencia contra a Muller 2015, cuxo avance pode descargarse aquí. O docente granadino afondou na última parte da súa intervención na maneira en que os nenos e as nenas son dobremente vítimas da violencia machista, ao recibila de xeito indirecto e, na meirande parte dos casos, tamén de maneira directa. Asemade, Lorente afondou nos problemas que as mulleres maltratadas están a atopar nos xulgados de familia pois en moitas ocasións, cando as mulleres se queren separar do seu maltratador e “os nenos e nenas demostran certo rexeitamento cara ao agresor, o cal é habitual, como consecuencia desa experiencia que reflexa a Macroenquisa, no xulgado interpretan que é a nai a que os manipulou e que os está dispoñendo contra o pai, aplícaselle iso que se chama Síndrome de Alineación Parental, algo que se inventaron para xustificar a supostal maldade das mulleres. (…) E son mulleres abandonadas que sofren a posibilidade de que lles quiten a custodia dos seus fillos e llela dean aos maltratadores”.

O especial sobre Violencia de Xénero pode escoitarse no seguinte navegador, a partir  do 18’33”:

“A moitas mulleres vítimas de violencia de xénero estáselles aplicando nos xulgados a Síndrome de Alineación Parental”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*