A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) organiza as súas IV Xornadas nas que se darán cita unha serie de relatores especializados no novo marco normativo en relación á infancia, cunha análise do seu impacto sobre os dereitos das vítimas menores de idade. O acto terá lugar o venres 15 de abril, a partir das 17:00 horas no Ateneo Ferrolán (R/ Magdalena, 202-204).

IV Xornada AGAMME

A xornada de AGAMME dará comezo ás cinco da tarde cunha presentación por parte dun membro da asociación do marco xeral no cal se encadran os relatorios. A primeira intervención terá lugar ás 17:15 coa intervención de Sonia Vaccaro, psicóloga experta en vitimoloxía e avaliación do testemuño infantil e autora de influentes libros como El pretendido síndrome de alienación parental e artigos como o recente Violencia vicaria: Los hijos y las hijas víctimas de la violencia contra sus madres.

Ás 18:15 correralle a quenda a José Antonio Ramos Vázquez, profesor de dereito penal da Universidade da Coruña, investigador das modificacións do Código Penal en materia de violencia sexual contra menores de idade.

Logo dunha pausa de 15 minutos terá lugar a terceira e última das intervencións, a partir das 19:30, a cargo de Felisa Balboa, psicóloga clínica que nos falará da súa experiencia como traballadora no Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller do Concello de Vigo, especialmente no relativo aos dereitos da infancia en casos de violencia de xénero.

AGAMME celebra a IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia

2 thoughts on “AGAMME celebra a IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia

  • 1st Abril 2016 at 5:25 p.m.
    Permalink

    K magoa k por motivos persoais non poida acudir.
    Dar a Noraboa por tan boa iniciativa.

    Reply
  • 15th Abril 2016 at 10:38 a.m.
    Permalink

    Una sugerencia.
    El maltrato infantil puede tener muchas causas. Pero hay una de la que pocas veces se habla y que yo creo básica. Cualquier persona puede ser madre o padre de una manera automática, solo por traer al mundo a un ser. Pues no debería ser así. Todas las madres y padres tendrían que pasar OBLIGATORIAMENTE por una ESCUELA DE MADRES Y PADRES. Se evitarían muchos problemas. (Y lo mismo para la política)

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*