A coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), Estrela Gómez, fixo parte o pasado mércores 17 de setembro, dunha charla-coloquio organizada pola asociación contra a violencia de xénero “Si, hai saída”, que tivo lugar na Galería Sargadelos de Lugo. Na xornada desenvolvéronse diversos relatorios arredor da violencia de xénero e as súas consecuencias para nenos, nenas e adolescentes, debaténdose a posteriori sobre os dereitos de custodia nestes casos. Na charla interviron, ademais da coordinadora de AGAMME, María Estela San José Asensio, maxistrada titular do Xulgado nº3 de Violencia de Xénero de Lugo, Yoana Fernández Moreno, Perito Psicólogo Forense, e José Carlos Fernández, Coordinador Xefe da UPAP Policía Nacional.

A intervención de Estrela Gómez partiu do caso de Andrea, como paradigma de análise das carencias existentes no Estado español á hora de defender os dereitos de nenos, nenas e adolescentes vítimas de violencia de xénero.

Charla Sala Sargadelos

AGAMME participa na charla-coloquio da asociación contra a violencia de xénero “Si, hai saída”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*