A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) vai participar no VII Encontro Nacional de Mulleres organizado pola Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Maltros Tratos de Vigo. A participación de AGAMME nas xornadas virá a cargo da coordinadora da asociación, Estrela Gómez, quen desenvolverá o sábado 19 de setembro, ás 10.30 horas, o relatorio titulado “Violencia de xénero desde a perspectiva da infancia”. As xornadas, que se prolongarán desde o venres até o domingo, compóñense tamén de distintos obradoiros e actividades de lecer e debate.

Podedes acceder ao programa completo das xornadas premendo aquí.

AGAMME participa VII Encontro Nacional de Mulleres da Asociación rede de mulleres veciñais contra os maltros tratos de Vigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*