A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), xunto coa “Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo” e o “Grupo Antígona, derechos y sociedad con perspectiva de género” da Universidade Autónoma de Barcelona, viaxan ao Parlamento Europeo para presentar ante a Comisión de Petición unha demanda ao Estado español por incumprimento das directivas europeas en materia de vítimas de violencia de xénero e vítimas menores de idade.
Pódese consultar o documento que será presentado mañá mércores, 18 de novembro, en Bruxelas en formato doc ou pdf.
AGAMME presenta ante o Parlamento Europeo unha demanda ao Estado español por incumplimento en materia de menores e violencia de xénero