Esta mañá AGAMME dirixiuse ao Ministerio de Xustiza para reiterar o seu apoio á petición de indulto de María Salmerón.

No texto remitido á Ministra Llop, AGAMME, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, discute o argumento esgrimido polo executivo segundo o cal existe un impedimento legal para conceder o indulto a Salmerón.

AGAMME non considera que se poida falar de reincidencia dado que se trata dunha mesma conduta que María Salmerón se viu na obriga de manter no tempo e que deu lugar a sucesivas denuncias realizadas polo seu agresor. Polo tanto, se ben existiron varios procedementos sucesivos, o acto sería un só prolongado no tempo.

Sinala AGAMME no seu escrito que coa expresión “se viu na obriga de” se refire a que, sendo ela sabedora de que a súa filla corría un perigo real dado o carácter violento do proxenitor, a omisión da súa acción protectora tería sido inmoral pero non unicamente iso. Na liña das leis anteriores, a LOPIVI define violencia contra a infancia  e a adolescencia como “toda acción, omisión ou trato neglixente que priva ás persoas menores de idade dos seus dereitos e benestar”.  Se Salmerón no tivese desobedecido tería sido neglixente ou violenta coa súa filla, polo tanto non tiña opción.

Por outra parte, AGAMME fai referencia ao carácter do sistema penal español que ten como fundamento e obxectivo a reeducación e a reinserción do reo na sociedade, tal como se establece na Constitución Española. Por iso carecería de sentido facer cumprir a María Salmerón unha pena por un delito que hoxe, trala aprobación da LOPIVI, non se tería producido pois o xulgado tería que ter contemplado a necesidade de protección de la filla menor de idade.

AGAMME lembra que se se ten producido o avance social e legal que permite hoxe en día protexer aos fillos e fillas de vítimas de violencia de xénero é grazas á valentía de mulleres como María Salmerón, que antepuxo a seguridade e os dereitos da súa filla aos seus propios, que soportou durante máis de dúas décadas a persecución xudicial instigada polo seu agresor sen por iso abandonar o seu deber de protección. Foron exemplos como o seu os que impulsaron á sociedade  e ao poder lexislativo a acometer ese cambio tan necesario de incluír aos fillos e fillas das vítimas no sistema de protección ante a violencia de xénero.

AGAMME apunta que as vítimas teñen dereito á recuperación e que as institucións españolas lles están negando a María Salmerón e á súa filla este dereito ao permitir que se prolongue sine die  o rosario de procedementos xudiciais. Consideran que existe unha indiscutible “razón de xustiza ou conveniencia pública” que sería argumento xurídico suficiente para que o tribunal se declarase favorable ao indulto, cousa que sorpresivamente no se produciu. AGAMME fai fincapé no feito de que María Salmerón foi premiada pola súa loita tanto por parte do goberno estatal como polo de Andalucía, co cal é evidente o carácter de interese público da súa acción protectora.

AGAMME advirte de que a situación á que se está expoñendo a María Salmerón e á súa filla a é unha clara mostra de revitimización e que é deber das institucións evitala en cada un dos seus actos.

Conclúe o escrito AGAMME alegando que se Salmerón chega a entrar en prisión será unha vitoria para os agresores e negacionistas da violencia machista e a derrota definitiva de todo o sistema xudicial e da lexislación vixente en materia de violencia de xénero, dereitos da vítima e dereitos de infancia. Significará un retroceso en todo o logrado ata o  momento porque, efectivamente, as sanciones teñen  unha función educativa no só para quen as cumpre senón para a totalidade da sociedade, miles de mulleres aprenderán que denunciar e protexer aos seus fillos e fillas é demasiado perigoso.

AGAMME considera contraditorio que o mesmo goberno que aprobou a LOPIVI permita que unha vítima entre en prisión polo único feito de ter protexido á súa filla dun agresor que fora condenado en firme. Por outra parte mostra a súa maior perplexidade ante a información recibida nas últimas horas segundo a cal a Ministra de Xustiza, Pilar Llop, tería denegado a María Salmerón a cancelación dos antecedentes penais, os mesmos que o seu propio Ministerio utiliza como argumento para rexeitar a petición de indulto.

Xunta Directiva de AGAMME

A 30 de maio de 2022

 

 

COMUNICADO EN CASTELÁN

Esta Mañana AGAMME se ha dirigido al Ministerio de Justicia para reiterar su apoyo a la petición de indulto de María Salmerón.

En el texto remitido a la Ministra Llop, AGAMME, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, discute el argumento esgrimido por el ejecutivo según el cual existe un impedimento legal para conceder el indulto a Salmerón.

Desde AGAMME no consideran que se pueda hablar de reincidencia dado que se trata de una misma conducta que María Salmerón se vio en la obligación de mantener en el tiempo y que dio lugar a sucesivas denuncias realizadas por su agresor. Por lo tanto, si bien existieron varios procedimientos sucesivos, el acto sería uno solo prolongado en el tiempo.

Apostilla la asociación en su escrito que con la expresión “se vio en la obligación de” se refieren a que, siendo ella sabedora de que su hija corría un peligro real dado el carácter violento del progenitor, la omisión de su acción protectora sería inmoral pero no únicamente eso. En la línea de las leyes anteriores, la LOPIVI define violencia contra la infancia y la adolescencia como “toda acción, omisión o trato negligente que priva a las personas menores de edad de sus derechos y bienestar”. Si Salmerón no hubiese desobedecido habría sido negligente o violenta con su hija, por lo tanto no tenía opción.

Por otra parte, AGAMME hace referencia al carácter del sistema penal español que tiene como fundamento y objetivo la reeducación y reinserción del reo a la sociedad, tal como se establece en la Constitución Española. Por ello que carecería de sentido hacer cumplir a María Salmerón una pena por un delito que hoy, tras la aprobación de la LOPIVI, no se habría producido pues el juzgado tendría que haber contemplado la necesidad de protección de la hija menor de edad.

AGAMME recuerda que si se ha producido el avance social y legal que permite hoy en día proteger a los hijos e hijas de víctimas de violencia de género es gracias a la valentía de mujeres como María Salmerón, que ha antepuesto la seguridad y los derechos de su hija a los suyos propios, que ha soportado durante más de dos décadas la persecución judicial instigada por su agresor sin por ello cejar en su deber de protección. Han sido ejemplos como el suyo los que han impulsado a la sociedad y al poder legislativo a acometer ese cambio tan necesario de incluir a los hijos e hijas de las víctimas en el sistema de protección ante la violencia de género.

La asociación apunta que las víctimas tienen derecho a la recuperación y que las instituciones españolas les están negando a María Salmerón y a su hija este derecho al permitir que se prolongue sine dia  el rosario de procedimientos judiciales. Consideran que existe una indiscutible “razón de justicia o conveniencia pública” que sería argumento jurídico suficiente para que el tribunal se declarase favorable al indulto, cosa que sorpresivamente no se ha producido. AGAMME hace hincapié en el hecho de que María Salmerón ha sido premiada por su lucha tanto por parte del gobierno estatal como por el de Andalucía, con lo cual es evidente el carácter de interés público de su acción protectora.

AGAMME advierte de que se la situación a la que se está exponiendo a María Salmerón y a su hija es una clara muestra de revictimización y que es deber de las instituciones evitarla en cada uno de sus actos.

Concluye su escrito la asociación alegando que si Salmerón llega a entrar en prisión será una victoria para los agresores y negacionistas de la violencia machista y la derrota definitiva de todo el sistema judicial y de la legislación vigente en materia de violencia de género, derechos de la víctima y derechos de infancia. Significará un retroceso en todo lo logrado hasta el  momento porque, efectivamente, las sanciones tienen  una función educativa no sólo para quien las cumple sino para la totalidad de la sociedad, miles de mujeres aprenderán que denunciar y proteger a sus hijos e hijas es demasiado peligroso.

AGAMME considera contradictorio que el mismo gobierno que ha aprobado la LOPIVI permita que una víctima entre en prisión por el único hecho de haber protegido a su hija de un agresor que había sido condenado en firme. Por otra parte muestra su mayor perplejidad ante la información recibida en las últimas horas según la cual la Ministra de Justicia, Pilar Llop, habría denegado a María Salmerón la cancelación de los antecedentes penales, los mismos que su propio Ministerio utiliza como argumento para rechazar la petición de indulto.

Xunta Directiva de AGAMME

A 30 de mayo de 2022

AGAMME reitera perante á Ministra de Xustiza o seu apoio ao indulto para María Salmerón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*