Dende a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) facemos nosa a campaña iniciada pola ONG Women’s Link Worldwide, dende a que se artellou unha carta modelo dirixido ao Ministro de Xustiza do Goberno de España. Nela lémbraselle á Administración do Estado que a pesar de ter sido condeado polo Comité CEDAW polo asasinato de Andrea a mans do seu pai maltratador, nin o Estado español ten implementado de xeito efectivo as recomendacións do Comité, nin o Ministerio se puxo en contacto con Ángela González, nai da pequena.

Podes descargar, ler e asinar o documento completo premendo aquí.

Carta ao Ministro de Xustiza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*