Con motivo da noticia feita pública no día de onte, AGAMME e Fight For Child mostran o seu rexeitamento a unha sentenza que é o colofón de toda unha serie de decisións xudiciais contrarias aos últimos avances lexislativos en materia de vítimas de violencia de xénero

As asociacións de loita contra a violencia de xénero e contra o maltrato infantil denunciamos desde hai anos un funcionamento inadecuado da xustiza no enxuizamento dos delitos que se encadran nestes dous contextos de violencia. En boa parte por falta de medios suficientes e adecuados e a escasa formación dos profesionais que se encargan de escoitar ás vítimas e valorar o seu testemuño. Con todo, existe outra barreira si cabo máis difícil de superar. Referímonos a certos prexuizos instaurados na nosa xurisprudencia que establece a suspicacia cara á vítima como punto de partida.

Un exemplo deste modus operandi é a Circular 3/2009 da Fiscalía Xeral do Estado que invita aos e ás Fiscais a desconfiar das acusacións de maltrato infantil en contextos de divorcio, facendo referencia a posibles intereses espurios que puidesen ter os familiares do neno ou nena. Trátase, unha vez máis, da suposta síndrome de alienación parental (SAP), ese artiluxio psico-legal tan beneficioso para quen queira inutilizar o testemuño das vítimas menores de idade. Recordamos de novo que esta teoría non só non recibiu o apoio da comunidade científica, senón que ten sido profusamente refutada polas inescusábeis carencias metodolóxicas que presenta. Non é ciencia, e con todo desde hai uns vinte anos non deixou de ser utilizado por parte dun determinado sector da xudicatura.

O SAP é o que subxace no caso Juana Rivas. Non unicamente no procedemento civil que se levou a cabo en Italia, onde o psicosocial expón abertamente o concepto, senón xa no primeiro momento, cando Juana chega a Granada solicitando unha medida que protexa aos seus fillos, para non ter que regresar a Italia, e a xustiza española dille que non, que os nenos deben volver ao seu lugar de referencia, desoindo á nai e ao maior dos irmáns, que relataban malos tratos físicos e psicolóxicos. España esqueceuse? dunha posibilidade: establecer medidas cautelares mentres non se resolvese o procedemento penal polos presuntos malos tratos, ou ata establecer medidas definitivas en base á violencia ocorrida en 2009, xa probada. Esa era a boa, a única. Nese desleixo, nesa omisión, está o xerme de todo o que sucedeu posteriormente.

Juana Rivas desapareceu cos seus fillos durante varias semanas. Esperaba que sucedese algo coa denuncia que presentara por malos tratos. Ou con aquela outra sentenza, que condenaba a Arcuri por violencia de xénero en 2009. Pero ese algo non chegou. Finalmente España respondeu que non podía xulgalos porque era competente Italia e non había certeza de que non se estivesen investigando alá. Unha denuncia que segue en espera, case dous anos máis tarde, nalgún caixón dun xulgado italiano.

Di a sentenza coñecida no día de onte que Juana “quedábase sen argumentos” e que “desviaba a atención dos feitos” cara á condena de malos tratos do ano 2009. É certamente grave que unha sentenza conteña estas expresións. Esquecéronse as súas señorías de que, efectivamente, Juana Rivas é unha vítima de violencia de xénero?, esqueceron que a día de hoxe os fillos e fillas de vítimas serían considerados, por lei, vítimas tamén, necesitadas da mesma protección? É deplorábel que persistan certos clichés e que a xudicatura, polo menos un sector da mesma, sexa tan remisa a aceptar certos cambios lexislativos.

Para rematar, chamamos a atención sobre a magnitude das medidas que se tomaron, nun exercicio exemplarizante, a modo de advertencia. Este asañamento é especialmente grave pola súa condición de vítima, que os tribunais non parecen querer ter en conta. E por outra banda porque condena aos nenos ao silencio, dado que a última vez que o fillo maior falou sobre malos tratos recibidos a mans do proxenitor no último ano e medio, a xustiza italiana non o tivo en conta por considerar que está baixo os efectos da influencia materna. Isto non pode senón recordarnos os poderes que, segundo S. Federici, atribuíanse ás mulleres acusadas de bruxería no pasado: poderes máxicos sobre a vontade allea. A pregunta é, de que outra forma podería Juana Rivas alienar aos seus fillos si desde 2017 non residen con ela?

Preocúpanos a situación de vulneración de dereitos de Juana Rivas como muller vítima de violencia de xénero que propiciaron toda as actuacións xudiciais tanto española como italiana. Preocúpanos enormemente que se estean levando as represalias contra as mulleres denunciantes a este grado de extrema dureza. Pero o que nos parece máis sangrante é que , pola inacción do estado español dous nenos de 4 e 12 anos, que poderían recibir o amparo dunha medida de protección, están agora nunha situación de enorme vulnerabilidade e con innumerables dificultades para facerse oír no futuro.

O aparello SAP funcionou á perfección: acalar ás vítimas, impedir o enxuizamento do delito e, acto seguido, deixar caer toda a forza da Lei sobre aqueles-as que debesen recibir atención e protección.

Por todo iso, AGAMME e Fight For Child anuncian que nos próximos días farán chegar senllos escritos ao Defensor do Pobo, ao Consello Xeral do Poder Xudicial e á Fiscalía Xeral do Estado, solicitando unha avaliación do nivel de aplicación do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero, no relativo ás medidas concernentes aos fillos e fillas vítimas. No texto solicitarán que se establezan protocolos para a inspección da función xudicial naqueles casos nos que se actúe de xeito contrario á lexislación, cando se trate de determinar a necesidade de protección dun neno, nena ou adolescente. Do mesmo xeito, recordarase aos organismos a necesidade imperativa de garantir o exercicio pleno do dereito de todo neno ou nena a ser escoitado-a nos procedementos nos que se decida sobre réximes de visita ou custodia, especialmente cando exista un rexeitamento manifesto a manter contacto con algún familiar.

Os fillos de Juana Rivas han de saber que non se quedaron sos. Que seguimos loitando cada día, por difícil e esgotador que sexa. A masa de mulleres que saíu á rúa hai menos dunha semana a reclamar dereitos debe facerse oír agora, e cada vez que unha vítima sexa silenciada ou represaliada.

Comunicado de AGAMME y Fight4Child a raíz de la sentencia de la Audiencia provincial de Granada que confirma la pena de prisión para Juana Rivas

Con motivo de la noticia hecha pública en el día de ayer, AGAMME y Fight4Child muestran su rechazo a una sentencia que es el colofón de toda una serie de decisiones judiciales contrarias a los últimos avances legislativos en materia de víctimas de violencia de género.


Las asociaciones de lucha contra la violencia de género y contra el maltrato infantil denunciamos desde hace años un funcionamiento inadecuado de la justicia en el enjuiciamiento de los delitos que se encuadran en estos dos contextos de violencia. En buena parte por falta de medios suficientes y adecuados y la escasa formación de los profesionales que se encargan de escuchar a las víctimas y valorar su testimonio. Sin embargo existe otra barrera si cabe más difícil de superar. Nos referimos a ciertos prejuicios instaurados en nuestra jurisprudencia que establece la suspicacia hacia la víctima como punto de partida.

Un ejemplo de este modus operandi es la Circular 3/2009 de la Fiscalía General del Estado que invita a los y las Fiscales a desconfiar de las acusaciones de maltrato infantil en contextos de divorcio, haciendo referencia a posibles intereses espurios que pudiesen tener los familiares del niño o niña. Se trata, una vez más, del supuesto síndrome de alienación parental, ese artilugio psico-legal tan beneficioso para quien quiera inutilizar el testimonio de las víctimas menores de edad. Recordamos de nuevo que esta teoría no sólo no ha recibido el apoyo de la comunidad científica, sino que ha sidoá profusamente refutada por las inexcusables carencias metodológicas que presenta. No es ciencia y sin embargo desde hace unos veinte años no ha dejado de ser utilizado por parte de un determinado sector de la judicatura.

El SAP es lo que subyace en el caso Juana Rivas. No únicamente en el procedimiento civil que se llevó a cabo en Italia, donde el psicosocial expone abiertamente el concepto, sino ya en el primer momento, cuando Juana llega a Granada solicitando una medida que proteja a sus hijos, para no tener que regresar a Italia y la justicia española le dice que no, que los niños deben volver a su lugar de referencia, desoyendo a la madre y al mayor de los hermanos, que relataban malos tratos físicos y psicológicos. España se “olvidó” de una posibilidad: establecer medidas cautelares mientras no se resolviese el procedimiento penal por los presuntos malos tratos, o incluso establecer medidas definitivas en base a la violencia ocurrida en 2009, ya probada. Ésa era la buena, la única. En esa dejación, en esa omisión, está el germen de todo lo que sucedió posteriormente.


Juana Rivas desapareció con sus hijos durante varias semanas. Esperaba que sucediese algo con la denuncia que había presentado por malos tratos. O con aquella otra sentencia, que condenaba a Arcuri por violencia de género en 2009. Pero ese algo no llegó. Finalmente España respondió que no podía juzgarlos porque era competente Italia y no había certeza de que no se estuviesen investigando allá. Una denuncia que sigue en espera, casi dos años más tarde, en algún cajón de un juzgado italiano.


Dice la sentencia conocida en el día de ayer que Juana “se quedaba sin argumentos” y que “desviaba la atención de los hechos” hacia la condena de malos tratos del año 2009. Es ciertamente grave que una sentencia contenga estas expresiones. ¿Se han olvidado sus señorías de que, efectivamente, Juana Rivas es una víctima de violencia de género? ¿Han olvidado que a día de hoy los hijos e hijas de víctimas hubiesen sido considerados, por ley,
víctimas también, necesitadas de la misma protección? Es deplorable que persistan ciertos clichés y que la judicatura, al menos un sector de la misma, sea tan reacia a aceptar ciertos cambios legislativos.


Por último, llamamos la atención sobre la magnitud de las medidas que se han tomado, en un ejercicio ejemplarizante, a modo de advertencia. Este ensañamiento es especialmente grave por su condición de víctima, que los tribunales no parecen querer tener en cuenta. Y por otra parte porque condena a los niños al silencio, dado que la última vez que el hijo mayor habló sobre malos tratos recibidos a manos del progenitor en el último año y medio, la justicia italiana no lo tuvo en cuenta por considerar que está bajo los efectos de la influencia materna. Esto no puede sino recordarnos los poderes que, según S. Federici, se atribuían a las mujeres acusadas de brujería en el pasado: poderes mágicos sobre la voluntad ajena. La pregunta es, de qué otra forma podría Juana Rivas alienar a sus hijos si desde 2017 no residen con ella?


Nos preocupa la situación de vulneración de derechos de Juana Rivas como mujer víctima de violencia de género que han propiciado toda las actuaciones judiciales tanto española como italiana. Nos preocupa enormemente que se estén llevando las represalias contra las mujeres denunciantes a este grado de extrema dureza. Pero lo que nos parece más sangrante es que , por la inacción del estado español dos niños de 4 y 12 años, que podrían haber recibido el amparo de una medida de protección, están ahora en una situación de enorme vulnerabilidad y con innumerables dificultades para hacerse oír en el futuro.
El aparato ssap ha funcionado a la perfección: acallar a las víctimas, impedir el enjuiciamiento del delito y, acto seguido, dejar caer toda la fuerza de la Ley sobre aquéllos-as que debiesen haber recibido atención y protección.


Por todo ello, AGAMME y Fight4Child anuncian que en los próximos días harán llegar sendos escritos al Defensor del Pueblo, al Consejo General del Poder Judicial y a la Fiscalía General del Estado, solicitando una evaluación del nivel de aplicación del Pacto de Estado en materia de Violencia de Género, en lo relativo a las medidas concernientes a los hijos e hijas víctimas. En el texto solicitarán que se establezcan protocolos para la inspección de la función judicial en aquellos casos en los que se actúe de manera contraria a la legislación, cuando se trate de determinar la necesidad de protección de un niño, niña o adolescente. De la misma manera, se recordará a los organismos la necesidad imperativa de garantizar el ejercicio pleno del derecho de todo niño o niña a ser escuchado-a en los procedimientos en los que se decida sobre regímenes de visita o custodia, especialmente cuando exista un rechazo manifiesto a mantener contacto con algún familiar.


Los hijos de Juana Rivas han de saber que no se han quedado solos. Que seguimos luchando cada día, por difícil y agotador que sea. La masa de mujeres que salió a la calle hace menos de una semana a reclamar derechos debe hacerse oír ahora y cada vez que una víctima sea silenciada o represaliada.

ADHESIÓNS AO COMUNICADO | ADHESIONES AL COMUNICADO