A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condeou a un pontevedrés á pena de cinco anos de prisión como autor penalmente responsable dun delito continuado de abusos sexuais a unha menor de trece anos, filla da súa parella.

O fallo inclúe na súa condea a prohibición de aproximarse á vítima, ao seu enderezo ou calquera outro lugar que frecuente, nunha distancia non inferior a 200 metros, así como a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio, por un período de seis anos.

O testemuño da menor que, segundo o Tribunal, “reúne os requisitos de ausencia de incredibilidade subxectiva, verosimilitude e persistencia na incriminación aos que alude a xurisprudencia do Alto Tribunal”, foi clave para a decisión da Audiencia pontevedresa, apoiándose tamén en corroboracións periféricas como a proba pericial psicolóxica sobre a credibilidade do testemuño da vítima e o propio testemuño da nai da menor.

Pódese consultar a nova completa en: http://www.europapress.es/galicia/noticia-condenado-hombre-cinco-anos-prision-abusar-sexualmente-hija-menor-pareja-sentimental-20150303164703.html

Condeado por abusar sexualmente da filla menor da súa parella

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*