Conceden visitas coa filla a un preso que presuntamente asasinou á súa muller e nai da pequena. A nena de Aranjuez, de catro anos de idade, terá que acudir ao punto de encontro unha vez ao mes para realizar a visita que terá unha duración de catro horas. A medida xudicial acórdase en contra da opinión profesional da psicóloga e a psiquiatra que atenden á nena.

A sentenza ditada polo maxistrado de Aranjuez confirma o que vimos denunciando as asociacións de dereitos de infancia: a interpretación perversa do dereito dos nenos e das nenas a manter contacto cos seus proxenitores, convertido en dereito parental incluso cando estamos a falar de vítimas no ámbito familiar, é unha práctica común nos nosos xulgados.

A recente resolución da ONU de condena ao Estado español por non protexer aos menores vítimas de violencia de xénero non parece ter producido o efecto agardado, é dicir, unha mellora na atención das vítimas de violencia -mulleres, nenas e nenos- dende o estamento xudicial. Pola contra, case de inmediato, atopámonos de fronte coa reprodución do mesmo patrón. Pode ser casualidade. Porén, é un fenómeno social documentado que cando un grupo social en inferioridade logra dar un paso na consecución dos seus dereitos, o grupo dominante reacciona violentamente en contra dese logro. Backlash en lingua inglesa.

Voltando ao asunto concreto que nos ocupa, analizaremos os datos do caso, a partir da información que figura en prensa:

Que se entende como “o máis beneficioso”?

Segundo informa a Cadena Ser, todo parte dun informe psicosocial do equipo adxunto ao xulgado que propón as visitas como o máis beneficioso para a nena.

Preguntámonos que clase de metodoloxía aplicaría o equipo para chegar a tal conclusión, no caso de que aplicase algunha. Preguntámonos onde queda o código deontolóxico cando un/unha profesional da psicoloxía recomenda que unha nena de catro anos teña que visitar a quen presuntamente a deixou sen nai. Preguntámonos que é o que se agocha detrás de cada informe asinado polos equipos psicosociais e forenses dos xulgados nos que unha e outra vez as vítimas ven pisoteada a súa palabra e que son a chave que pecha a porta para a súa liberación.

Sobre a interpretación dos informes como proba

En última instancia, e por moito que o informe estea avalado por un instituto público, é o maxistrado/a quen ten a potestade para interpretar a proba en base á súa argumentación científica. Polo tanto a responsabilidade é de quen decide adoptar a proposta duns/dunhas profesionais e desoír as advertencias doutros/as. Existe unha tendencia a delegar nos equipos forenses ou psicosociais a decisión sobre custodia, visitas e testemuño de nenos e nenas, o cal pode simplificar o labor dos maxistrados/as pero conduce a non poucas situacións de indefensión para as vítimas menores de idade.

Para mostras un botón, neste caso adóptase a recomendación do equipo psicosocial do xulgado. É preciso puntualizar que estes equipos adoitan realizar unha única entrevista co neno ou nena e dese único contacto suponse que son quen de extraer información suficiente para decidir sobre unha custodia ou réxime de visitas. En canto á súa especialización e experiencia en atención a nenos e nenas vítimas é polo xeral pouca ou nula e nalgunhas Comunidades Autónomas non se exixe como requisito no proceso de selección.

En canto ao diagnóstico e opinión profesional de quen se manifestou en contra do réxime de visitas, unha psicóloga e unha psiquiatra que atenden á nena, habería que considerar que o seu grao de coñecemento sobre o estado psíquico e emocional da nena sen dúbida é maior, así como a súa especialización e experiencia (non esquezamos que están atendendo a unha nena que con tres anos perdeu violentamente á súa nai).

Hai outro tema que poñer sobre a mesa: a sentenza impón unha medida que é contraria á medida terapéutica proposta polas especialistas que atenden á nena, co que se podería ter entrado nun conflito entre o xurídico e o sanitario, Iustitia vs Salus.

Sobre a protección da nena como testemuño

O réxime de visitas concédese antes de que se tivese celebrado xuízo. A sentenza inclúe, segundo a Ser, unha serie de medidas que se entende poderían ir encamiñadas a impedir que a nena, como posible testemuño dun delito, reciba presións: o pai non poderá manipular á nena nin cuestionar ou descalificar á familia materna e só poderá falar coa nena sobre o colexio e as actividades diarias. Como sabe toda vítima, a violencia non é necesariamente explícita, un ton de voz, unha mirada, un xesto aparentemente inofensivos poden ir cargados de  significado para a vítima e o vitimario. Polo tanto non se está exercendo unha protección efectiva da nena como posible testemuño, a única medida razonable é preservala de todo contacto co presunto agresor.

Sobre os prazos do proceso xudicial

A nena de Aranjuez non pode esperar. Canto tempo pode tardar en ser visto un asunto pola Audiencia Provincial? Seis meses, nove, máis?. A Fiscalía debe interesar a suspensión da medida, mentres se tramita o recurso. O Consello Xeral do Poder Xudicial debe inspeccionar a acción do maxistrado por se tivese cometido neglixencia ou ilícito. O Estado debe asegurar que as súas institucións son respectuosas co marco lexislativo de dereitos de infancia, polo tanto non pode amparar o sometemento dos nenos e das nenas aos intereses de presuntos maltratadores.

Liberdade para a nena de Aranjuez. Non máis visitas co presunto agresor.

——

[Versión en castellano]

¿Derecho o castigo?

Conceden visitas con su hija a un preso que presuntamente asesinó a su mujer, madre de la pequeña. La niña de Aranjuez, de cuatro años de edad, deberá acudir al punto de encuentro una vez al mes para realizar la visita que tendrá una duración de cuatro horas. La medida judicial se acuerda en contra de la opinión profesional de la psicóloga y de la psiquiatra que atienden a la niña.

La sentencia dictada por el magistrado de Aranjuez confirma lo que venimos denunciando las asociaciones de derechos de la infancia: la interpretación perversa del derecho de los niños y  de las niñas a mantener contacto con sus progenitores, convertido en derecho parental incluso cuando hablamos de víctimas en el ámbito familiar, es una práctica común en nuestros juzgados.

La reciente resolución de la ONU de condena al Estado español por no proteger a las víctimas de violencia de género no parece haber producido el efecto esperado, es decir una mejora en la atención a las víctimas de violencia, mujeres, niñas y niños, desde el estamento judicial. Por el contrario, casi de inmediato, nos encontramos de frente con la reproducción del mismo patrón. Puede ser casualidad. Sin embargo, es un fenómeno social documentado que cuando un grupo social en inferioridad logra dar un paso en la consecución de sus derechos, el grupo dominante reacciona violentamente en contra de ese logro. Backlash, en lengua inglesa.

Volviendo sobre el asunto concreto que nos ocupa, analizaremos los datos del caso, a partir de la información que figura en prensa:

¿Qué se entiende como “lo más beneficioso”?

Según informa la Cadena Ser, todo parte de un informe psicosocial del equipo adjunto al juzgado que recomienda las visitas como lo más beneficioso para la niña.

Nos preguntamos qué clase de metodología habrá aplicado el equipo para llegar a tal conclusión, en el caso de que haya aplicado alguna. Nos preguntamos dónde queda el código deontológico cuando un/una profesional de la psicología recomienda que una niña de cuatro anos tenga que visitar a quien presuntamente la dejó sin madre. Nos preguntamos qué es lo que se esconde detrás de cada informe firmado por los equipos psicosociales y forenses de los juzgados en los que una y otra vez las víctimas ven pisoteada su palabra y que son la llave que cierra la puerta para su liberación.

Sobre la interpretación de los informes como prueba

En última instancia, y por mucho que el informe esté avalado por un instituto público, es el magistrado/a quien tiene la potestad para interpretar la prueba, en base a su argumentación científica. Por lo tanto la responsabilidad es de quien decide adoptar la propuesta de unos/unas profesionales y desoír las advertencias de otros/as. Existe una tendencia a delegar en los equipos forenses o psicosociales la decisión sobre custodia, visitas y testimonios de niños y niñas, lo cual puede simplificar la labor de los magistrados/as pero conduce a no pocas situaciones de indefensión para las víctimas menores de edad.

Para muestra un botón, en este caso se adopta la recomendación  del equipo psicosocial del juzgado. Es el momento de puntualizar que estos equipos suelen realizar una única entrevista con el niño o niña y de ese único contacto se supone que son capaces de extraer información suficiente para decidir sobre una custodia o un régimen de visitas. En lo que se refiere a su especialización y experiencia en atención a niños y niñas víctimas es por lo general poca o nula y en algunas comunidades autónomas no se exige como requisito en el proceso de selección.

En cuanto al diagnóstico y opinión profesional de quien se manifestó en contra del régimen de visitas, una psicóloga y una psiquiatra que atienden a la niña, habría que considerar que su grado de conocimiento sobre el estado psíquico y emocional de la niña sin duda es mayor, así como su especialización y experiencia (no olvidemos que están atendiendo a una niña que con tres años perdió violentamente a su madre)

Hay otro tema que poner sobre la mesa: la sentencia impone una medida que es contraria a la medida terapéutica propuesta por las especialistas que atienden a la niña, con lo que se podría haber entrado en un conflicto entre lo jurídico y lo sanitario, Iustitia vs Salus.

Sobre la protección de la niña como testigo

El régimen de visitas se concede antes de que se hubiese celebrado juicio. La sentencia incluye, según la Ser una serie de medidas que se entiende podrían ir encaminadas a impedir que la niña, como posible testigo de un delito, reciba presiones: el padre no podrá manipular a la niña ni cuestionar o descalificar a la familia materna y sólo podrá hablar con la niña sobre el colegio y las actividades diarias. Como sabe toda víctima, la violencia no es necesariamente explícita, un tono de voz, una mirada, un gesto aparentemente inofensivos pueden ir cargados de  significado para la víctima y el victimario. Por lo tanto no se está ejerciendo una protección efectiva de la niña como testigo, la única medida razonable es preservarla de todo contacto con el presunto agresor.

Sobre los plazos del proceso judicial

La niña de Aranjuez no puede esperar. ¿Cuánto tiempo puede tardar en ser visto un asunto por la Audiencia Provincial? ¿Seis meses, nueve, más? La Fiscalía debe interesar la suspensión de la medida, mientras se tramita el recurso interpuesto por la familia materna. El Consejo General del Poder Judicial debe inspeccionar la acción del magistrado por si se hubiese cometido negligencia o ilícito. El Estado tiene que asegurar que sus instituciones son respetuosas con el marco legislativo de derechos de infancia, por lo tanto no puede amparar el sometimiento de los niños y de las niñas a los intereses de presuntos maltratadores.

Libertad para la niña de Aranjuez. No más visitas con el presunto agresor.

Dereito ou castigo?

One thought on “Dereito ou castigo?

  • 1st Outubro 2014 at 11:02 a.m.
    Permalink

    A estas alturas da vida, como se poden estar a dar este tipo de actuacións irracionais por parte dos xuices. Cando tanto camiño parece que percorremos en materia de dereitos, este tipo de decisións non fan se non probar que todo este camiño percorrido non o é tanto se miramos detidamente e non simplemente vemos o que moitas veces se nos quere mostrar.
    É bonito pensar que evolucionamos, que realmente tocounos vivir nunha época na que os dereitos das personas son o que realmente proclama a carta magna, FUNDAMENTAIS , que o maltrato está prácticamente erradicado, que dende a esfera xurídica promovemos as maiores garantías posibles que traten de evitar desprotección das víctimas. Índa que non quero aportar unha nota tráxica a todo isto, pois certo é que moito avanzamos, faltaría máis, moito máis camiño queda por percorrer,esta é unha das tantas evidencias.
    Sempre considerei que o ámbito xurídico debía xogar entre 2 augas, por un lado atender o caso concreto, debía empatizar, tamén debe ser independiente e miralo todo dende arriba, como en outro nivel sen deixarse influir xustamente polos sentimentos. Sí resulta contradictorio, pero sólo así podemos considerar realmente o benestar superior do neno, que é bo para él non perder contacto co proxenitor, que dado que falta a figura da nai esta figura paterna cobra importancia, podemos creer no fondo na reinserción das persoas e nas segundas oportunidades, pero temos que ter en conta que este non é un caso no que o menor perde a sua nai por calqueira outra casaulidade, polo que retomar un contacto cun proxenitor ausente sería interesante. Non estamos nun suposto no que o proxenitor puidera acabar no cárcere por un error de xuventude, malas compañías ou problemas conductuales alleos a propia realidade do neno…. pero é que este caso mostra, que o menor non volverá a ter contacto coa nai, non por un motivo alleo, senón por que o seu pai foi quen de quitarlle a vida. Non debemos olvidarnos de este feito, a nai non ten segundas oportunidades co neno por que o pai foi quen de arrebatarllo, e sen embargo él pode disfrutar do neno, pode dispor do seu benestar e a saber quen se no seu momento pode querer castigar o neno da mesma forma coa que castigou a nai???? Aquí o benestar superior do neno é afastalo dunha situación de inseguridade e desprotección presente e sobre todo futura en tanto non é quen de decidir por si mesmo dada a especial consideración que na realidade do neno ten o proxenitor victimario, isto é o relmente garantista, non quedarnos co patrón establecido.

    Unha aperta!!!!

    Reply

Deixa una resposta a Gabriela Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*