O venres 27 de febreiro, no Ateneo Ferrolán, achegámonos ao xenocidio que ten lugar nos territorios ocupados de Palestina na Xornada organizada pola Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) que levou por título “Sionismo, limpeza étnica e infancia”.

A xornada encetou coa proxección da curtamentraxe Película urgente por Palestina, do cineasta do Carballiño Alberte Pagán, un filme militante mais tamén reflexivo artellado a partir das imaxes recollidas polo propio director en Palestina en 2011, no transcurso dunha brigada organizada por Cosal-Galiza. Deixamos a continuación o filme completo que se pode ver e difundir dende a páxina do cineasta.

A seguir, contamos coa intervención das dúas convidadas, ambas pertencentes á campaña de Boicot, Desinvestimentos e Sancións contra Israel de BDS-Galiza. Lucía Barros falou a partir da súa experiencia persoal en Palestina, a onde viaxou canda a ONG Sodepaz en 2012, e incidiu naqueles aspectos que vulneran de xeito máis flagrante os dereitos dos nenos e as nenas: asasinatos, detencións, illamento, carencia de servizos… Deixamos a continuación a súa intervención en audio:

Lucia Barros

Pola súa banda Elvira Souto falou da historia e evolución da actividade de BDS-Galiza, así como dos distintos xeitos en que calquera de nós pode colaborar coa actividade da asociación, fundamentalmente no seu labor de boicot económico, político, académico e cultural ou deportivo. Velaquí a súa intervención:

???????????????????????????????

Documentos da xornada “Sionismo, limpeza étnica e infancia”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*