DOS VIDEOXOGOS ÁS APOSTAS DEPORTIVAS.

Claves e desafíos para a prevención das novas ludopatías entre a mocidade

A globalización de Internet, unido aos tradicionais problemas vinculados ao consumo de alcohol e sustancias (nos que os adolescentes se inician cada vez máis cedo), fai que o labor de educar sexa realmente complicado. Pero a todo iso únense agora as novas formas de ludopatía, os problemas derivados do uso dos móbiles, Internet, as redes sociais e as TIC. O risco de adicción á Rede, aos videoxogos ou ás deportivas levan aos expertos a preguntarse que é o que estamos facendo mal como sociedade e que tipo solucións deben artellarse para poñer freo a esta deriva. A investigación advirte ademais que non se trata de problemas illados, senón estreitamente relacionados, o que convida a desenvolver estratexias de prevención valentes e integrais, dende as familias, os centros educativos…, con políticas responsables e un marco legal a altura dos novos tempos. Mais alá das potencialidades que o xogo posúe como ferramenta de aprendizaxe, o certo é que nunha sociedade como a nosa, onde a industria do videoxogo supera en volume de facturación á música, o cine e o teatro xuntos, o risco de ludopatía está aumentando a pasos axigantados, sen que pais e educadores saibamos ben como reaccionar. Os expertos estiman que hoxe en España 2 de cada 3 adolescentes teñen como principal hábito de ocio os videoxogos online, que mais alá dos cuantiosos beneficios económicos que xeran, rematan por “enganchar” literalmente a miles de adolescentes. O mesmo pasa coas webs de apostas e xogos de azar, un negocio monstruoso que non para de medrar e que só en España factura miles de millóns de euros cada ano. A pesar de que para os menores constitúe unha práctica ilegal, estímase que tan só en Galicia apostan cartos na Rede más de 10.000 adolescentes, cifra que se duplica no caso das apostas deportivas en bares ou cafeterías. A nosa reacción habitual é preguntarnos que poden ter na cabeza os nosos fillos, pero non menos importante é preguntarnos en que podemos estar fallando nós. Na charla-coloquio do vindeiro 13 de marzo, o profesor Antonio Rial Boubeta (da Facultade de Psicoloxídada USC) poñerá sobre a mesa datos reveladores ao respecto e, ao mesmo tempo, convidaranos a reparar nalgunhas claves e posibles recomendacións para que tanto nais e pais, como educadores sexamos quen de enfrontar esta nova problemática cun mínimo de ferramentas para o día a día.

D. ANTONIO RIAL BOUBETA

Doutor en Psicoloxía Social e Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela. Director técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e autor de más dun cento de artigos en revistas científicas nacionais e internacionais, director de 16 teses de doutoramento e responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade. En 2010 foi coordinador do primeiro estudo de “Adolescentes e Internet en Galicia”, realizado polo Valedor do Pobo e a Consellería de Educación, que continuou en 2014 co estudio “Mocidade OnLine”, que é ata día de hoxe o traballo científico de maior envergadura feito en España sobre o tema, cunha mostra de máis de 44.000 adolescentes e cuxos resultados foron publicados en revistas de prestixio internacional, como Cyberpsychology o Computersin Human Behavior. É coautor do libro “Adolescentes y Nuevas Tecnologías: una responsabilidad compartida”, así como un dos autores do libro “Entre selfies y whatsapps. Oportunidades y riesgos para la infancia y la adolescencia conectada”, elaborado polos expertos da Comisión Europea. Ven de realizar tamén o maior estudo desenvolvido en España sobre o problema do Xogo en Menores, cunha mostra de mais de 10.000 adolescentes, e que acaba de ser publicado no prestixioso Journal of Gambling Studies. É colaborador habitual de diferentes medios de comunicación, tanto a nivel de prensa, como radio e TV. Foi o encargado de elaborar o material docente do curso que actualmente ten o Consejo General de la Psicología de España sobre o Uso Problemático de Internet entre os adolescentes; docente tamén no curso de Adiccións Tecnolóxicas, da Consellería de Sanidade, no que cada ano se forman psiquiatras, pediatras epsicólogos; así como de diferentes cursos sobre Menores, Internete Drogas que se imparten na Academia Galega de Seguridade Pública, para as Forzas e Corpos de Seguridade. Forma parte tamén do grupo de expertos encargado de asesorar á Xunta de Galicia na elaboración da nova Lei Galega do Xogo.

DOS VIDEOXOGOS ÁS APOSTAS DEPORTIVAS. Antonio Rial Boubeta.

One thought on “DOS VIDEOXOGOS ÁS APOSTAS DEPORTIVAS. Antonio Rial Boubeta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*