O vindeiro venres 17 de abril na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña terá lugar o “Encontro de Infancia e Educación Social”, organizada polo Grupo de Traballo sobre Infancia e Adolescencia e o CEESG (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia) no que ante os cambios lexislativos que se plantexan actualmente no ámbito da protección á infancia, afondarase nas implicacións que estes terán no traballo das educadoras e educadores sociais, e no funcionamento dos recursos de atención a nenos e nenas en situación de desamparo ou desprotección.
Pódese consultar o programa das xornadas premendo aquí.
“Encontro de Infancia e Educación Social”, o 17 de abril na Coruña