Logo de pendurar a entrevista ao director teatral Julián Fuentes Reta, realizada na Cadena Ser arredor da posta en escena da obra “Hard Candy”, achegámonos máis ao interior dunha proposta escénica que afonda na problemática do abuso sexual a menores e o tabú na sociedade na que vivimos. Adxuntamos a reportaxe completa publicada pola web madridteatro.net, na que atopamos declaracións tan esclarecedoras coma a seguinte:

“É un tema tabú, como algo privado. Ao analizar os contos de fadas e a maneira en que está configurada a idea mítica, ás veces icónica, entre homes e mulleres, sobre todo de idade diversa, dábanse moitos máis caso de homes maiores con relacións con mulleres máis novas. Nas mitoloxías e nas historias era máis tolerada. Todos sabemos que á inversa é outro asunto. O que foi estremecedor é que ao investigar as liñas míticas na traxedia e, sobre todo, nos contos de fadas atopámonos que isto era un pouso ideolóxico e vital. ”

Cartel-Hard-Candy1-wpcf_300x427

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pódese acceder á entrevista completa na seguinte ligazón:

http://www.madridteatro.net/index.php?option=com_content&view=article&id=4028:hard-candy-nelson-lazonakubik&catid=313:informacion&Itemid=285

‘Hard Candy’, unha obra teatral sobre o abuso e o tabú

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*