Enlazamos a entrevista realizada onte no programa Hora 25 da Cadena SER ao director teatral Julián Fuentes Reta, quen nestes días pon en escena a obra “Hard Candy” no teatro Valle Inclán de Madrid. Segundo indica na entrevista Fuentes Reta, na obra realízase unha aproximación ao abuso sexual a menores desde a perspectiva dos contos de fadas, e procura unha reflexión arredor do tabú e a violencia consentida cara aos menores de idade na nosa sociedade.

Pódese escoitar a entrevista no seguinte arquivo, a partir do minuto 46 e 40 segundos:

Julián Fuentes Reta: “O abuso a menores é unha forma de violencia instaurada dentro da psique occidental”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*