Cancelada a VII Xornada de AGAMME “Ludopatía en infancia e adolescencia”

Seguindo as pautas indicadas polas autoridades para minimizar a transmisión do coronavirus en Galiza, sentimos anunciar a CANCELACIÓN sa segunda sesión das VII Xornadas de AGAMME prevista para mañá venres 13 de marzo, a partir das 18:00h no Ateneo Ferrolán.

O acto adíase a unha data aínda sen determinar, cando o nivel de risco descenda.

Desculpade as molestias.

VII Xornadas de AGAMME. Ludopatía en infancia e adolescencia (2ª parte).

O vindeiro venres, 13 de marzo, AGAMME organiza a segunda parte das súas VII Xornadas, baixo o título “Ludopatía en infancia e adolescencia”. Terá lugar no Ateneo Ferrolán, a partir das 18:00 h.

O evento comezará cun relatorio a cargo de Antonio Rial Boubeta, profesor de psicoloxía da USC, experto en adiccións na infancia e na adolescencia. A continuación, darase paso a unha mesa redonda na que participarán representantes dos partidos políticos. Finalizará cunha quenda aberta para que o público presente poida trasladar preguntas e propostas. Contaremos coa presenza de (por orde alfabética):

  • Casal, por En Marea
  • Prado, polo Partido Popular
  • Rodil, polo Bloque Nacionalista Galego
  • Solla, pola coalición Galicia en Común
  • Torrado, polo Partido Socialista

Lembramos que o aumento alarmante do número de locais de xogo e apostas en territorio galego e o seu impacto na poboación máis nova, así como a existencia de plataformas dixitais de apostas deportivas e outros tipos de xogo on line, están causando gran preocupación na cidadanía. Nos últimos meses creáronse en Galiza diversos colectivos que se opoñen á proliferación de salóns de xogo e máquinas de apostas en puntos próximos a centros educativos, bibliotecas, etc.

Por outra banda, numerosos xogos electrónicos, que non presentan a primeira vista formato de xogo de azar ou de apostas, están supoñendo a vía de entrada neste universo de moitos rapaces e rapazas, cada vez de menor idade. Esta modalidade de xogo presenta dificultades específicas de regulación polo seu carácter electrónico e deslocalizado.

Durante o ano pasado estivo a trámite unha nova lei do xogo que modificaría a do ano 1985. Sen embargo, o texto recibiu fortes críticas por supoñer unha regulación frouxa do negocio do xogo en Galiza, favorecendo así ás empresas e non priorizando a protección da cidadanía e en especial os nenos, nenas e adolescentes como colectivo especialmente vulnerable.

DOS VIDEOXOGOS ÁS APOSTAS DEPORTIVAS. Antonio Rial Boubeta.

DOS VIDEOXOGOS ÁS APOSTAS DEPORTIVAS.

Claves e desafíos para a prevención das novas ludopatías entre a mocidade

A globalización de Internet, unido aos tradicionais problemas vinculados ao consumo de alcohol e sustancias (nos que os adolescentes se inician cada vez máis cedo), fai que o labor de educar sexa realmente complicado. Pero a todo iso únense agora as novas formas de ludopatía, os problemas derivados do uso dos móbiles, Internet, as redes sociais e as TIC. O risco de adicción á Rede, aos videoxogos ou ás deportivas levan aos expertos a preguntarse que é o que estamos facendo mal como sociedade e que tipo solucións deben artellarse para poñer freo a esta deriva. A investigación advirte ademais que non se trata de problemas illados, senón estreitamente relacionados, o que convida a desenvolver estratexias de prevención valentes e integrais, dende as familias, os centros educativos…, con políticas responsables e un marco legal a altura dos novos tempos. Mais alá das potencialidades que o xogo posúe como ferramenta de aprendizaxe, o certo é que nunha sociedade como a nosa, onde a industria do videoxogo supera en volume de facturación á música, o cine e o teatro xuntos, o risco de ludopatía está aumentando a pasos axigantados, sen que pais e educadores saibamos ben como reaccionar. Os expertos estiman que hoxe en España 2 de cada 3 adolescentes teñen como principal hábito de ocio os videoxogos online, que mais alá dos cuantiosos beneficios económicos que xeran, rematan por “enganchar” literalmente a miles de adolescentes. O mesmo pasa coas webs de apostas e xogos de azar, un negocio monstruoso que non para de medrar e que só en España factura miles de millóns de euros cada ano. A pesar de que para os menores constitúe unha práctica ilegal, estímase que tan só en Galicia apostan cartos na Rede más de 10.000 adolescentes, cifra que se duplica no caso das apostas deportivas en bares ou cafeterías. A nosa reacción habitual é preguntarnos que poden ter na cabeza os nosos fillos, pero non menos importante é preguntarnos en que podemos estar fallando nós. Na charla-coloquio do vindeiro 13 de marzo, o profesor Antonio Rial Boubeta (da Facultade de Psicoloxídada USC) poñerá sobre a mesa datos reveladores ao respecto e, ao mesmo tempo, convidaranos a reparar nalgunhas claves e posibles recomendacións para que tanto nais e pais, como educadores sexamos quen de enfrontar esta nova problemática cun mínimo de ferramentas para o día a día.

D. ANTONIO RIAL BOUBETA

Doutor en Psicoloxía Social e Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela. Director técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e autor de más dun cento de artigos en revistas científicas nacionais e internacionais, director de 16 teses de doutoramento e responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade. En 2010 foi coordinador do primeiro estudo de “Adolescentes e Internet en Galicia”, realizado polo Valedor do Pobo e a Consellería de Educación, que continuou en 2014 co estudio “Mocidade OnLine”, que é ata día de hoxe o traballo científico de maior envergadura feito en España sobre o tema, cunha mostra de máis de 44.000 adolescentes e cuxos resultados foron publicados en revistas de prestixio internacional, como Cyberpsychology o Computersin Human Behavior. É coautor do libro “Adolescentes y Nuevas Tecnologías: una responsabilidad compartida”, así como un dos autores do libro “Entre selfies y whatsapps. Oportunidades y riesgos para la infancia y la adolescencia conectada”, elaborado polos expertos da Comisión Europea. Ven de realizar tamén o maior estudo desenvolvido en España sobre o problema do Xogo en Menores, cunha mostra de mais de 10.000 adolescentes, e que acaba de ser publicado no prestixioso Journal of Gambling Studies. É colaborador habitual de diferentes medios de comunicación, tanto a nivel de prensa, como radio e TV. Foi o encargado de elaborar o material docente do curso que actualmente ten o Consejo General de la Psicología de España sobre o Uso Problemático de Internet entre os adolescentes; docente tamén no curso de Adiccións Tecnolóxicas, da Consellería de Sanidade, no que cada ano se forman psiquiatras, pediatras epsicólogos; así como de diferentes cursos sobre Menores, Internete Drogas que se imparten na Academia Galega de Seguridade Pública, para as Forzas e Corpos de Seguridade. Forma parte tamén do grupo de expertos encargado de asesorar á Xunta de Galicia na elaboración da nova Lei Galega do Xogo.

Artigo de Altamira Gonzalo sobre o Coordinador Parental, en Público.

El SAP o la terapia del castigo

ALTAMIRA GONZALO VALGAÑÓN. Vicepresidenta de la Asociación de Mujeres Juristas Themis

Ni el Derecho de Familia ni el Derecho Penal reaccionan bien cuando las mujeres denuncian a sus maridos o compañeros. La herencia del deber de obediencia de la mujer al marido, instalado en el mismísimo Código Civil, pervive más allá del contenido de las nuevas leyes, del que hace muchos años ya que ha desaparecido dicho deber.Para el patriarcado, todo en la familia es propiedad del cabeza de familia: la mujer, los hijos y los bienes. Esta ideología patriarcal es el caldo de cultivo del conocido como Síndrome de Alienación Parental, el SAP.
El SAP surge para disuadir a las mujeres de pedir el divorcio y no denunciar a sus esposos o parejas por violencia de género. Fue un invento de los años 80 de un psiquiatra estadounidense, Richard Gardner, misógino declarado, profesional que jamás trató en su consulta a ninguna mujer y que, a su vez, se inspiró en otro misógino, Freud, creador, entre otros, del complejo de Edipo. Como él, Gardner también afirmaba que “no hay abuso si el niño goza”. Era un pederasta.
Richard Gardner inventó el SAP para los casos de lucha entre progenitores sobre la custodia de sus hijos, en los que había rechazo de los menores a ir con el progenitor no custodio, generalmente el padre. Afirmaba que este rechazo era el resultado de una programación o adoctrinamiento del progenitor custodio, generalmente la madre, para conseguir que el menor o menores rechazasen al otro.
¿Qué propone el SAP para resolver las negativas de los hijos a ir con el progenitor no custodio? La terapia de la amenaza. El castigo. Que consiste en aplicar mano dura con los niños y con sus madres; cambiar la custodia y atribuirla al progenitor rechazado, prohibir la relación y contacto entre los hijos y su madre durante un tiempo. Pase lo que pase.
Este síndrome, inventado por el mencionado psiquiatra, no está reconocido por el DSM (Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales) y ha sido rechazado por todas las entidades científicas al respecto. La Asociación Española de Neuropsiquiatría afirmó, entre otros extremos, lo siguiente: “El SAP tal y como lo inventó Gardner no tiene ningún fundamento científico y sí entraña graves riesgos su aplicación en la corte judicial.”
En nuestros juzgados se introdujo a través de algunos profesionales de la Psicología, a propuesta de algunas asociaciones de padres separados y divorciados, que fueron las mismas que introdujeron la custodia compartida impuesta y el mito de las denuncias falsas. Todos ellos tienen el mismo origen: los movimientos americanos opuestos a la igualdad entre mujeres y hombres. Todos han llegado de EEUU a nuestro país.
Algunos jueces, los que sintonizaban más con la ideología patriarcal o machista, lo aplicaron en sus juzgados. Sin embargo, el CGPJ recomendó en varias ocasiones a los jueces que no lo pusieran en práctica, dado el rechazo que suscitaba de toda la comunidad científica, y cuando creíamos que solo se aplicaba de manera residual en algún juzgado ha resurgido con fuerza a través de los denominados coordinadores de parentalidad.
¿Qué son? Pues una figura jurídica indeterminada que no existe en ninguna ley nacional ni autonómica, pero que, no obstante, algunos jueces los nombran en algunos pleitos, eso sí, como experiencia piloto. No me pregunten si son peritos judiciales que pagan las partes o si son auxiliares del juez y les paga Justicia. Solo tengo dos certezas: que, así como la mediación es voluntaria, quieren convertir a los coordinadores parentales en obligatorios. Y tengo otra certeza más: que aplican el SAP de A la Z.
Lo sé porque profesionalmente me designaron a una coordinadora en un procedimiento de ejecución de sentencia, por incumplimiento parcial del régimen de visitas de dos hijos de 15 y 13 años que no querían ir con su padre, nada más que cuando ellos quisieran. Porque se aburrían con él, decían. Y, tras ver a toda la familia, la susodicha coordinadora dictaminó:
• Los hijos eran manipulados por la madre, lo que constituía maltrato infantil.
• Había que proceder a un cambio de custodia y prohibir a los hijos ver o comunicarse con la madre, al menos, durante dos meses.
• Continuar con la coordinadora (a la que pagaban las partes, a razón de 70€ (sesión individual) durante 18 o 24 meses.
• Realizar un psicodiagnóstico y terapia a la madre, que era la perversa.
Aplicó un SAP de libro. Esta psicóloga, que hizo de coordinadora parental, es miembro de ACOPAR, asociación creada ad hoc, y, toda la Junta de dicha asociación, incluida la mencionada, se formaron como coordinadoras en la Universidad Rey Juan Carlos, en el primer curso que dio ahí la Fundación Filia en el año 2018. ¿Y saben quién era profesor en ese curso? El exjuez Serrano, condenado por prevaricación y portavoz de VOX en el Parlamento andaluz. ¿Atan cabos?
La fundación Filia y los jueces afines están extendiendo cual tela de araña el SAP por nuestros juzgados, implantando experiencias piloto para así crear la necesidad, sobre la fake new de que los juzgados no tienen instrumentos para resolver problemas que plantean los incumplimientos de las visitas. ¡Claro que los tienen! Si hay que dotarlos de más personal o de más medios, que lo hagan. Pero que no traten de crear una nueva figura jurídica, importada precisamente del mismo país de donde llegaron el SAP y la custodia compartida impuesta porque lo que sirve en Colorado igual no sirve en España.
Y, sobre todo, porque hemos comprobado profesionalmente que solo tienen como finalidad hacer cumplir por la fuerza el SAP, lo que exige ante todo conocer cuáles son los motivos de un o una menor para negarse a cumplir las visitas con el progenitor no custodio y resolver, lo que es obligación del juzgador, atendiendo única y exclusivamente al interés del menor.
Otra cuestión que no aclaran quienes defienden la creación de esta figura es si la plantean también para los casos de violencia de género denunciada. Los Fiscales de Violencia de Género ya acordaron, en el Encuentro que mantuvieron en noviembre de 2018, que se opondrían a las peticiones de implantar estos coordinadores, ya que quienes lo promueven no dicen qué diferencia hay con la mediación y ésta está prohibida cuando existe violencia de género en la pareja.
Un problema importante es que muchos jueces consideran que un maltratador es un buen padre. Y acuerdan visitas que los maltratadores exigen cumplir sí o sí aunque solo sea por seguir haciendo daño. Y muchos niños se niegan. Por miedo. Por esta razón en la Ley 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género, ya se prevé la posibilidad de que el juez suspenda las visitas. Pero raramente se acuerda, solo en un 2,9% en el año 2018. Pues para obligarles quieren crear los coordinadores de parentalidad.
Y, por otro lado, hay mucha violencia de género que no se denuncia. Una muestra es que este año 2020, ninguna de las primeras 10 mujeres asesinadas había denunciado a su maltratador. Estos niños y niñas, que han vivido en muchos casos situaciones duras de violencia en su casa, llegado el momento de la ruptura, no quieren ir con su padre. ¿Qué padres exigen en el juzgado que se obligue a sus niños a ir con ellos? Pues, en mi experiencia profesional, los más violentos.
Esto es lo que debe averiguar el juzgado ante una negativa y constatar si es motivada o es caprichosa, para resolver si debe obligar o si, por el contrario, debe suspender las visitas. Porque tiene medios e instrumentos suficientes para ello.
Espero, sinceramente, que los jueces que sirven los juzgados de Familia y los de Violencia de Género desnuden lo que les están ofreciendo detrás de esta figura. Quienes trabajamos en esta materia sabemos que las relaciones sanas en la familia no se consiguen con la obligatoriedad, sino con amor y generosidad, cuando eso es posible. Y que, en los desencuentros entre progenitores e hijos e hijas, la responsabilidad siempre está en los adultos, no en los menores. Por eso, castigar a los más indefensos, es fácil, pero tiene muy mal pronóstico.

 

“XORNADA DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN ANTE O ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO”

A Federación Comarcal de Ferrolterra de ANPAs de Centros Públicos (FEANPAs) organiza unha “XORNADA DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN ANTE O ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO” 

Data: SÁBADO 15 de FEBREIRO

Hora: 10.00 a 14.00 h.

Lugar: ATENEO FERROLÁN (sito na rúa Magdalena nº 202 – 204 de Ferrol)

Nela aprenderemos sobre esta lacra que é o ACOSO ESCOLAR, falaremos das súas características e do agravamento deste tipo de violencia, como consecuencia da entrada en escena de Internet e as redes sociais.

Afondaremos nas causas, na detección, nas consecuencias e na prevención a través das distintas ponencias.

entrada é aberta a calquera persoa que queira achegarse, coa intención de que poidamos aprender e resolver cantas dúbidas podan xurdir.

Xuntanza informativa en Ferrol sobre a figura do Coordenador Parental e o Servizo de Apoio Familiar, Integral e Multidisciplinario (SAFIM)

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme) e a  Marcha Mundial das Mulleres da comarca de Ferrol, organizamos unha  Xuntanza informativa sobre a figura do Coordenador parental e o Servizo de Apoio Familiar, Integral e Multidisciplinario (SAFIM).

Esta actividade celebrarase no Ateneo ferrolán ás 19:00 do mércores 5 de febreiro.

Agardamos contar coa vosa presenza, dado o interese e novidade do asunto.

 

O Consello do Traballo Social e as Xuntas Xerais de Bizkaia contra o uso da “falsa” Síndrome de Alienación Parental

O Consello do Traballo Social ven de publicar un decálogo no que insta aos Colexios Profesionais de Estado a prohibir o uso da “falsa” Síndrome de Alienación Parental, polas graves consecuencias do seu uso xeralizado, nos últimos vinte anos, para a credibilidade das nais e a desprotección que provoca nas fillas e fillos.

Igualmente, as Xuntas Xerais de Bizkaia aprobaron por unanimidade unha batería de medidas para impedir que a suposta SAP sexa un criterio  a valorar para a retirada de custodia a nais.

El Consejo de Trabajo Social insta a los colegios profesionales de todo el Estado a prohibir su uso y el de cualquiera de sus eufemismos en los informes de valoración. PIXABAY

Acceso á nova completa

Xuntanza informativa sobre o Coordinador Parental e o Servizo de Apoio Integral e Multidisciplinario

O sábado, 1 de febreiro ás 11.00 h, faremos unha xuntanza na Casa das Mulleres, Casa Xohana Torres, de Santiago de Compostela (Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, s/n), para abordar  o tema do Coordinador Parental e o Servizo de Apoio Integral e Multidisciplinario (SAFIM).

Orde do día:

1. Repercusión e tratamento nos medios de comunicación.

2. Plan de acción das propias asociacións, grupos, colectivos que formamos parte da denuncia Coordinador Parental e accións coordinadas en conxunto.

3. Subvencións a SAFIM por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

4. Varios.

5. Novas incorporacións.

 

Pregamos difusión