A portavoz de Igualdade do PSOE, Ángeles Álvarez, presentou unha iniciativa no Congreso na que urxe ao Gobierno a poñer en marcha “un sistema de valoración de risco que facilite aos xuíces a adopción de medidas para protexer aos fillos de vítimas de violencia de xénero”, unha medida que permitiría a suspensión cautelar das comunicacións cando existan “indicios racionais” de criminalidade para protexer ao menor. Pódese consultar no seguinte enlace un resumo da nova publicada por Europa Press:
Asemade, adxuntamos un fragmento en audio da intervención de Álvarez no Congreso:
O PSOE pide un sistema de valoración de risco que protexa a fillos de vítimas de malos tratos