O Valedor de Pobo vén de presentar o seu Informe Ordinario 2014 ante o Parlamento de Galicia no que, entre outros asuntos, dedica un importante capítulo á infancia. Neste apartado José Luis Fernández Rodríguez, Valedor do Pobo de Galicia, fala da urxente necesidade de pór en marcha mecanismos que permitan o cumprimento efectivo do dereito de nenos e nenas a seren escoitados naqueles asuntos que lles atinxen directamente, seguindo así as recomendación do Comité dos Dereitos do Neno da Nacións Unidas. Asemade, o texto do Valedor do Pobo céntrase noutras necesidades que afectan á infancia do noso país, reclamando que se faga un enfoque integral e pluridimensional para combater a pobreza e a desigualdade infantil tentando alcanzar os obxectivos de Europa 2020 e, en terceiro lugar, urxe da obriga de priorizar o investimento en máis e mellores recursos para permitir unha adecuada intervención reeducadora e socializadora en menores que cumpren medidas de internamento.

O texto completo, do que en vindeiras datas faremos desde AGAMME unha valoración máis pormenorizada, pode descargarse premendo no seguinte enlace:

http://www.valedordopobo.com/wp-content/uploads/2015/03/Informe-Valedor-do-Pobo-2014-Galego.pdf

O apartado correspondente a Menores dá inicio na páxina 859.

 

O Valedor do Pobo reclama que se cumpra o dereito de nenos e nenas a seren escoitados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*