Desde a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) achegamos o texto “Os proxectos de reforma do sistema de protección á infancia: Unha mirada desde a educación social crítica” que veñen de elaborar Laura Cruz e Ana Iglesias, profesoras da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Desde a nosa asociación consideramos que este traballo ofrece unha análise integral do que ten que ser unha lei de protección da infancia.
Premendo aquí pódese descargar o texto íntegro que, asemade, vai ser presentado no “Encontro de Infancia e Educación Social”, o 17 de abril na Coruña, cuxos contidos podedes consultar na nosa páxina: http://www.agamme.org/?p=794
“Os proxectos de reforma do sistema de protección á infancia”, por Laura Cruz e Ana Iglesias