A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) organiza as 1ª Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e a Adolescencia que se celebrarán os vindeiros días 7 e 8 de outubro, ás 19:00, no salón de actos da Casa Solidaria de Ferrol (R/Velázquez nº 44 con Avda de Vigo) cedido para este acto polo Concello.

Nestas xornadas AGAMME, ademais de presentarse públicamente, pretende  dar a coñecer o que será o seu primeiro obxectivo: acadar a elaboración por parte da administración autonómica dun protocolo de intervención fronte o maltrato á infancia e a adolescencia, así como o desenvolvemento das políticas locais e autonómicas que o fagan aplicable.

Programa:

Venres 7: proxección do filme do director francés Maurice Pialat A infancia espida (L’infance nue) e da curtametraxe do vigués Anxo Cendal  As cores do frío, a presentación correrá a cargo de Xan Viñas, membro do Cineclube Compostela.

 Posteriormente propoñerase un coloquio arredor das cuestións que deixan abertas estas dúas obras cinematográficas.

Sábado 8: presentación de dous relatorios que enfocarán o tema da resposta das institucións fronte o maltrato á infancia e a adolescencia dende o ámbito educativo e dende unha perspectiva xurídica. O primeiro correrá a cargo de Laura Cruz, Profesora da Universidade da Coruña, e de Eva López, Secretaria do Colexio Profesional de Educadores/as Sociais de Galiza; o segundo relatorio será presentado por Víctor M. López Casal, avogado.

Para ampliar información sobre AGAMME podedes contactar connosco a través do correo-e info@agamme.org

Pregamos que difundades esta convocatoria a quen poida interesar.

Primeiras Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e a Adolescencia