Isabel Terán dirixe este documental que, a través das historias de tres mulleres e dos seus fillos e fillas, nos achega á realidade da aplicación no ámbito xudicial da síndrome de alienación parental, un construto profundamente misóxino e que atenta contra o dereito dos nenos e das nenas vítimas a ser escoitadas, a unha xustiza efectiva e á recuperación. Nenos e nenas cuxos testemuños son desprezados e que se ven sometidos á cronificación das situacións de violencia que denuncian. 

Será emitido no programa En Portada, en La 1 de RTVE, o xoves 27 a partir das 00:45h. e permanecerá visible na plataforma de RTVE dende as 20:00h do mesmo día.

Agradecemos o labor e a valentía de Isabel Terán e agardamos que outras canles colaboren na difusión de tan importante traballo de documentación.

 

RTVE estrea este xoves 27 o documental “En el nombre del hijo” que aborda a problemática da SAP.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*