A organización non gobernamental Save the Children presentou dentro do seminario “Infancia sen violencia”, no que participaron membros de AGAMME, o informe “A xustiza española fronte ao abuso sexual infantil no entorno familiar. Unha análise de caso á luz dos estándares internacionais de dereitos humanos”.
O documento, coordinado pola responsable de Incidencia Política da organización, Yolanda Román, pon de manifesto que, ante a dificultade de acreditar os feitos nestes casos, debido entre outras cousas á curta idade das vítimas, a Administración de Xustiza tende a arquivar as causas sen investigar suficiente e dilixentemente os casos, deixando aos menos en graves situacións de desprotección e risco.
Un dos principais valores do informe presentado consiste no seu baseamento concreto en casos e autos de Audiencias Provinciais do Estado, que permitiron ás investigadoras de Save the Children reconstruír o camiño xudicial que un neno ou unha nena da de seguir na procura de protección e xustiza en casos de abuso sexual infantil.
Segundo sinalou aos medios Yolanda Román, “aos casos analizados confirman que en España non se están a aplicar os estándares internacionais para a protección dos nenos e das nenas no eido da Administración de Xustiza e que resulta urxente revisar a normativa e a práctica xudicial”. Ademais, engade Román “a temperá idade debera ser un incentivo para esclarecer os feitos, non un impedimento engadido. Non se pode esixir a un neno que se exprese como un adulto para poder probar os feitos que relata, o que é esixible é que o Estado poña en marcha todos os medios e as máximas cautelas para esclarecer os feitos e protexer ao menos, pero o que vimos é que ante a dificultade para probar feitos tan graves os xuíces prefiren arquivar as causas”.
O informe delata a falta de especialización dos profesionais que interveñen nos procesos xudiciais de casos de abuso sexual infantil. Nin os xuíces de instrución, nin os fiscais, nin os avogados de oficio, nin os equipos psicosociais ou forenses dos xulgados que interveñen no proceso teñen a obriga de se especializar. Esta carencia formativa pode ter unha grande impacto á hora de impulsar as investigacións, valorar axeitadamente as probas e, por tanto, decidir sobre o arquivo da causa.
Asemade, resultan preocupantes as deficiencias detectadas en todos os casos á hora de determinar o interese superior do nenos ou a nena e falta de rapidez nos procesos. Ao tempo, no ámbito civil tómanse medidas sobre garda e custodia e réxime de visitas, a veces canto está aberto o proceso penal polos presuntos abusos sexuais, sen ter en conta os posíbeis abusos ou riscos para os nenos.
Pódese ler o informe completo premendo aquí