O informe “Políticas Públicas para reducir a pobreza infantil en España: Análise de impacto”, elaborado para UNICEF polos investigadores Olga Cantó Sánchez e Luis Ayala Cañón, analiza a efectividade das últimas medidas do goberno español para moderar o avance da pobreza entre os máis pequenos. O texto, pon de manifesto a debilidade do sistema de protección social, que se reflicte nos tradicionalmente baixos niveis de investimento público mais tamén na escasa capacidade das prestacións sociais para reducir a pobreza infantil, a diferenza do que pasa con outros grupos de ideade ou noutros países. Pódese descargar o informe completo premendo aquí.
UNICEF analiza as políticas públicas do Estado español para paliar a pobreza