Hoxe, 29 de novembro, Víctor Manuel López Casal, Coordinador de AGAMME, desprázase ata Guipúzcoa para participar na xormada de formación para técnicos-as municipais que organiza a Diputación de Guipúzcoa.  

Na xornada abordarase unha análise das características psicolóxicas da infancia que se deben ter en conta dende unha perspectiva de xénero. O relatorio correrá a cargo de Tania Caseda.

A continuación Víctor M. López Casal falará sobre a resposta do sistema xudicial á violencia sexual na infancia e adolescencia.

Realizaranse ademais dinámicas de grupo para identificar prioridades e asuntos nos que é preciso afondar, coa fin de que os-as profesionais asistentes aporten as súas perspectivas, coñecementos e experiencias.

Dende AGAMME queremos dar os parabéns á Diputación de Guipúzcoa que responde así á constante reclamación das asociacións de que a infancia e a adolescencia reciba atención especializada nos ámbitos da violencia de xénero e da violencia sexual.

 

 

Víctor M. López Casal participa na xornada de formación sobre abuso sexual para equipos técnicos da Diputación de Guipúzcoa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*