Un ano máis asistimos á efeméride da Convención dos dereitos do Neno e da Nena e un ano máis facemos reconto de todo o que queda por camiñar para acadar o horizonte lexislativo e ético que marca a Convención. Un horizonte que é como unha caste de sistema métrico da humanización (ou deshumanización) da sociedade á que pertencemos, unha fita reactiva que fai subir as cores a un sistema económico e político que o pobo xa non acepta máis porque vulnera os seus principios máis básicos.
Como no movemento clásico dunha onda mariña, dúas forzas opostas están a piques de entrar en colisión: a das grandes estruturas de poder por unha banda, a das persoas atacadas nos seus dereitos máis básicos, pola outra. O noso é un Estado cheo de vítimas: persoas sen vivenda, sen traballo nin posibilidade de atopalo, baixo a mirada escrutadora de institucións que, lonxe de dedicarse á protección perante o risco de exclusión, actúan a modo de medios de control e penalización das persoas. Pero incluso partindo desta idea non podemos obviar unha cousa, alí onde haxa vítimas as persoas menores de idade vano ser en maior medida: de forma máis severa, con menos posibilidades de remover a súa situación, con menos alternativas para actuar social e politicamente para promover un cambio, frecuentemente polivitimizados-as porque son o último escalón social, xunto con persoas discapacitadas e anciás (produtividade?).
Vemos como van caendo as garantías no noso esquema político, social e económico.
Os nenos e as nenas de hoxe non teñen igual acceso á educación nin á sanidade; o seu dereito á vivenda estase pervertindo no “dereito” a ser ingresados-as en centros ou dados en acollemento se as súas familias non poden asumir a perda da vivenda (desemprego prolongado, desafiuzamento realizado por entidades para a pura especulación);
O dereito a que se obre en base ao seu interese superior é a maior das falacias porque, tal e como se pon en práctica o seu interese superior non é o que asegura o goce dos seus dereitos, senón o que mellor lle parece a quen ten que tomar as decisións que atinxen aos nenos e nenas;
Os nenos, nenas e adolescentes seguen a ser silenciados-as, desautorizados-as, tratados-as de pouco veraces e fiables (pensa o ladrón…, as persoas adultas mentimos nunha porcentaxe moitísimo superior, os nenos e as nenas non menten, sobre todo cando piden axuda porque son vítimas);
O seu acceso á xustiza segue a ser precario pola persistencia de prexuízos que impiden a defensa dos seus dereitos e intereses; pola escasa e incorrecta formación dos equipos profesionais que serven información aos xulgados para a toma de decisións (puntos de encontro, equipos forenses, equipos técnicos de menores), todos eles sen formación específica na área de atención a vítimas ou testemuñas menores de idade e por suposto tampouco en canto á Convención dos Dereitos do Neno e da Nena; pola inexistencia dunha formación específica de profesionais do ámbito xurídico en canto aos dereitos dos nenos e das nenas nos procedementos xudiciais; pola pasividade dunha Fiscalía que en demasiadas ocasións vemos permanecer allea aos intereses das vítimas menores de idade nos procedementos civís.
Namentres, agardamos a chegada de reformas lexislativas que se anunciaron como clave para o avance da CDN, pero que levan encuberta a perpetuación e a xustificación xurídica dunha gran cantidade de prexuízos que impiden o goce de dereitos dos nenos e nenas en procedementos xudiciais. O outro proxecto de lei que vai modificar radicalmente o panorama de dereitos de infancia – a lei de custodia compartida, coa súa aplicación de tábula rasa con salvedades en casos extremos- parte dunha contradición con dous dos que o Comité de Dereitos do Neno e da Nena considera dereitos básicos: o dereito a que se obre en base ao interese superior do neno e da nena (de cada un-unha deles-as, non como algo xenérico) e o dereito a seren escoitados en calquera asunto que teña relevancia na súa vida (recentemente, a sentenza STS 4233/2014 establece a obrigado cumprimento deste dereito).
Neste escenario non hai lugar para a celebración, senón para a reflexión: é perentorio paralizar o avance das macroestruturas que están a impoñer a perda de dereitos das masa populares, é preciso restaurar os dereitos dos nosos nenos e nenas non só porque teñen dereito a un futuro ou porque eles-as son o futuro, senon porque é hoxe cando son nenos e nenas, mañá xa non o serán máis. A perda do momento presente en espera dun futuro esperanzador pode significar que a futura persoa adulta sexa despoxada dunha fase esencial no seu desenvolvemento, a súa infancia. A persoa adulta vitimizada na súa infancia mantense en suspenso nese momento ao longo de toda a súa vida, sempre e cando a súa situación de vítima non fose correctamente resolta.
Os nosos nenos e as nosas nenas teñen dereito á infancia, a unha infancia digna, e é un deber de cada un e cada unha de nós, incluído o Estado e as súas institucións, lograr que isto sexa así.
Ferrol, a 20 de novembro de 2014
25 años de la CDN ¿Dónde están los derechos de los niños y las niñas?
Un año más asistimos a la efeméride de la Convención de los derechos del Niño y de la Niña y un año más hacemos recuento de todo lo que queda por caminar para alcanzar el horizonte legislativo y ético que marca la Convención. Un horizonte que es como una especie de sistema métrico de la humanización (o deshumanización) de la sociedad a la que pertenecemos, una cinta reactiva que hace subir los colores a un sistema económico y político que el pueblo ya no acepta más porque vulnera sus principios más básicos.
Como en el movimiento clásico de una ola marina, dos fuerzas opuestas están a punto de entrar en colisión: la de las grandes estructuras de poder por una parte, la de las personas atacadas en sus derechos más básicos, por la otra. El nuestro es un Estado lleno de víctimas: personas sin vivienda, sin trabajo ni posibilidad de encontrarlo, bajo la mirada escrutadora de instituciones que, lejos de dedicarse a la protección ante el riesgo de exclusión, actúan a modo de medios de control y penalización de las personas. Pero incluso partiendo de esta idea no podemos obviar una cosa, allí donde haya víctimas las personas menores de edad lo van a ser en mayor medida, de forma más severa, con menos posibilidades de remover su situación, con menos alternativas para actuar social y políticamente para promover un cambio, frecuentemente polivictimizados-as porque son el último escalón social, junto con las personas discapacitadas y ancianas (¿productividad?).
Vemos como van cayendo las garantías en nuestro esquema político, social y económico.
Los niños y las niñas de hoy no tienen igual acceso a la educación ni a la sanidad; su derecho a la vivienda se está pervirtiendo en el “derecho” a ser ingresados-as en centros o dados en acogimiento si sus familias no pueden asumir la pérdida da vivienda (desempleo prolongado, desahucio realizado por entidades para la pura especulación);
El derecho a que se obre en base a su interés superior es la mayor de las falacias porque, tal y como se pone en práctica su interés superior no es lo que asegura el disfrute de sus derechos, sino lo que mejor le parece a quien tiene que tomar las decisiones que afectan a los niños y niñas;
Los niños, niñas y adolescentes siguen siendo silenciados-as, desautorizados-as, tratados-as de poco veraces y fiables (piensa el ladrón…, las personas adultas mentimos en una porcentaje muy superior, los niños y las niñas no mienten, sobre todo cuando piden ayuda porque son víctimas);
Su acceso a la justicia sigue siendo precario por la persistencia de prejuicios que impiden la defensa de sus derechos e intereses; por la escasa e incorrecta formación de los equipos profesionales que sirven información a los juzgados para la toma de decisiones (puntos de encuentro, equipos forenses, equipos técnicos de menores), todos ellos sin formación específica en el área de atención a víctimas o testigos menores de edad y por supuesto tampoco en cuanto a la Convención de los Derechos del Niño y de la Niña; por la inexistencia de una formación específica de profesionales del ámbito jurídico en cuanto a los derechos de los niños y de las niñas en los procedimientos judiciales; por la pasividad de una Fiscalía que en demasiadas ocasiones vemos permanecer ajena a los intereses de las víctimas menores de edad en los procedimientos civiles.
Mientras tanto, esperamos la llegada de reformas legislativas que se anunciaron como clave para el avance de la CDN, pero que llevan encubierta la perpetuación y la justificación jurídica de una gran cantidad de prejuicios que impiden el disfrute de derechos de los niños y las niñas en procedimientos judiciales. El otro proyecto de ley que va a modificar radicalmente el panorama de derechos de la infancia –la ley de custodia compartida, con su aplicación de tábula rasa con salvedades en casos extremos– parte de una contradicción con dos de los que el Comité de Derechos del Niño y de la Niña considera derechos básicos: el derecho a que se obre en base al interés superior del niño y de la niña (de cada uno-a de ellos-as, no como algo genérico) y el derecho a ser escuchados en cualquier asunto que tenga relevancia en su vida (recientemente, la sentencia STS 4233/2014 establece el obligado cumplimiento de este derecho).
En este escenario no hay lugar para la celebración, sino para la reflexión: es perentorio paralizar el avance de las macroestructuras que están imponiendo la pérdida de derechos de las masas populares, es preciso restaurar los derechos de nuestros niños y niñas no sólo porque tienen derecho a un futuro o porque ellos-as son el futuro, sino porque es hoy cuando son niños y niñas, mañana ya no lo serán más. La pérdida del momento presente en espera de un futuro esperanzador puede significar que la futura persona adulta sea despojada de una fase esencial en su desarrollo, su infancia. La persona adulta victimizada en su infancia se mantiene en suspenso en ese momento a lo largo de toda su vida, siempre y cuando su situación de víctima no fuese correctamente resuelta.
Nuestros niños y niñas tienen derecho a la infancia, a una infancia digna, y es un deber de cada uno y cada una de nosotras, incluido el Estado y sus instituciones, lograr que esto sea así.
Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME),
Ferrol, a 20 de noviembre de 2014
Sen dúbida os nosos nenos están frecuentemente sufrindo, tal como ven resultando habitual escoitar “vitimización secundaria”.
Na actualidade, en efecto hai una crise económica que se ven cala profundamente nos adultos, conscientes da falta de oportunidades que sofren e que indirectamente acabarán por sufrir os seus nenos, eles, os menores, que enganados tendemos a pensar que viven alleos a situación do país e das suas familias, dende o silencio escoitan, calan e viven constantemente en desacougo. Hai un anuncio televisivo, no que unha nai fai creer o neno que un bocadillo de pan con pan imaxinando que está recheo de aquelo que el queira é divertido e é un xogo, este anuncio detivenme infinidade de veces a observalo, e o primeiro pensaba nesa nai, na tristeza que ela pode sentir por non ser quen de dar o neno un bocadillo axeitado, se ven, logo de ter oido conversas de nenos, de pararme a escoitar caladamente sobre as profundas conversas que teñen, caín na conta e cambiei o meu parecer respecto de este anuncio, é triste que a nai non teña como encher ese bocadillo, pero mais triste é que o neno consciente, por que dou fé de que o son, sabe da carencia dos seus pais e ante a invención dun novo xogo por parte da nai para non facelo participe do que está a ocorrer, o neno decide xogar para aforrar o sufrimento da nai. Este neno está a madurar, está deixando de ser neno antes de tempo, por que non pode decir, este xogo de inventar o que hai dentro do bocadillo non me gusta, resulta unha tontería…o neno decide calar e pensar que se xoga coa nai a iso que ela quere, faina feliz. Sorprenderíase un, se escoitase mais dunha conversa entre nenos, falando de políticos, do que os papás contan na casa, falando de que tal compañeiro de clase chora por que no recreo lle contou que van a ter que marchar da casa, terá que ir a vivir cos avós e deixar o seu cadeliño nun refuxio por que na casa na que vai ter que vivir durante a saber canto tempo non pode telo con él. Eles son conscientes índa que nos queremos pensar e ser un pouco mais felices pensando que non o son.
Estos nenos, non poden ser felices cando os pais berran por falta de cartos, por que non atopan traballo e choran por non ter que ofrecer os seus fillos, non poden ser felices cando deixan o que era o seu fogar e van vivir cos avós como neste exemplo verídico que acabo de citar… Eles son conscientes e sofren índa que pensemos que non se decatan. Estes nenos, non poden ser felices cando son discapacitados, e podían disfrutar de axudas que procuraban unha mellor calidade vida para e un mellor desenvolvemento se ven privados e afastados de todo digno futuro, por que son relegados as súas casas e por falta de recursos non poden levar unha vida como a que calquer neno debería ter. Eles, os nenos, dende o silencio sofren as consecuencias do que unha panda de adultos deshumanizados conseguiron, eles que son o futuro están desprovistos de toda consideración.
É certo que moito avanzamos en materia de dereitos do neno, hoxe en día ” en teoría” hai unha protección da educación da infancia, os nenos deben acudir obligatoriamente a escola e os pais poden ser recriminados en caso de incumplimento con tal deber. O habitual xa non é, que un neno traballe unha xornada en descoido dos seus estudos, hoxe en día hai servizos estatais que velan pola súa protección, pero hai que ter en conta que neste marco de desesperanza este tipo de servizos son os primeiros en verse privados de recursos, e isto por qué?? Non son os nenos o noso futuro?? Non deberían ser os seus dereitos, os recursos que poñemos a súa disposición os últimos en ser sacrificados??
Está claro que hai quen a día de hoxe aínda non caiu na conta, de que se queremos un futuro debemos protexer e salvagardar os nosos nenos, mirar por que poidan desarrollarse como nenos para que o día de mañá poidan ser quen de ser adultos, non podemos privar os nosos nenos da súa infancia e da feliz inocencia na que DEBERÍAN vivir, non poden ser adultos simplemente por que a uns cantos así lles parece.
Hai moito camiño por percorrer, e non digamos mais en materia xurídica…daría horas e horas de debate. Eles sempre son o eslabón débil, os primeiros en ser olvidados e os últimos en ser escoitados.
Fai escasos días, compartiamos esa fantástica decisión xudicial pola que se daba a posibilidade de oír ós nenos para a toma dunha decisión que sen dúbida lles afecta. Un neno non pode ser obrigado, aínda que se faga, como ós adultos nos gusta dicir “polo seu ben”, a visitar a un proxenitor do que nada sabe, a unha familia que quizais durante os primeiros anos da súa vida nada quiso saber de él. Nos os adultos, pensamos con racionalidade e nos autoconvencemos, alegando que o interés superior do neno e ter unha familia, que debe poder disfrutar dela agora que eses adultos decidiron aparecer repentinamente nas súas vidas. Nestes casos hai que facer un estudo pormenorizado da situación persoal do neno, e para iso é fundamental o que comentamos o fío desta publicación, é imperante a necesidade de equipos humanos especializados nesta materia, que sepan escoitalos para poder transmitir nun procedemento xudicial cal é realmente a súa vontade, que é, realmente o que este neno necesita e como podemos poñelo en práctica.
Non podemos tratalos de acordo coa xeralidade, merecen que perdamos todo o tempo que seña preciso para procurar a súa protección e que se poida cumplir como é debido co que realmente queren e necesitan, para que realmente sexa certo iso de que ó realmente importante é o interés superior do neno.
Moito camiño anduvemos en materia de dereitos do neno, pero moito queda aínda por facer, esperemos que este tipo de artigos e comentarios, sirvan para trasladar a xente a necesidade de promover cambios neste sentido e buscar un mellor futuro para os nosos nenos. Apertas.