AGAMME vén de facer entrega nos rexistros da Presidencia do Goberno central e da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo o escrito que publicamos a continuación:

DEREITO INTERNACIONAL HUMANITARIO

Convenio de Xenebra relativo á protección debida ás personas civís en tempo de guerra, 1949.

Artículo 18 – III. Protección de los hospitales
En ninguna circunstancia, podrán ser objeto de ataques los hospitales civiles organizados para prestar asistencia a los heridos, a los enfermos, a los inválidos y a las parturientas; deberán ser siempre respetados y protegidos por las Partes en conflicto. (…)

Artículo 23 – Envíos de medicamentos, víveres y ropa
Cada una de las Altas Partes Contratantes permitirá (…) el libre paso de todo envío de víveres indispensables, de ropa y de tónicos reservados para los niños de menos de quince años y para las mujeres encintas o parturientas.

Artículo 50 – Niños
Con la colaboración de las autoridades nacionales y locales, la Potencia ocupante facilitará el buen funcionamiento de los establecimientos dedicados a la asistencia y a la educación de los niños. (…)
La Potencia ocupante no deberá entorpecer la aplicación de las medidas preferenciales que hayan podido ser adoptadas antes de la ocupación en favor de los niños menores de quince años, de las mujeres encintas y de las madres de niños menores de siete años, por lo que respecta a la nutrición, a la asistencia médica y a la protección contra los efectos de la guerra.

Artículo 89 – Alimentación
La ración alimentaria diaria de los internados será suficiente en cantidad, calidad y variedad para mantenerlos en buen estado de salud y para impedir trastornos por carencia de nutrición; (…)
Se les proporcionará suficiente agua potable. (…)
Las mujeres encintas y lactantes, así como los niños menores de quince años recibirán suplementos de alimentación proporcionados a sus necesidades fisiológicas.

Protocolo I adicional a los Convenios de Ginebra de 1949 relativo a la protección de las víctimas de los conflictos armados internacionales, 1977.

Artículo 8 – Terminología  
Para los efectos del presente Protocolo:
a) se entiende por heridos y enfermos (…) las parturientas,  los recién nacidos y  otras personas que puedan estar necesitadas de asistencia o cuidados médicos inmediatos, como los inválidos y las mujeres encintas, y  que se abstengan de todo acto de hostilidad;

_____________________________________

Dende o día 7 de outubro, momento en que comezan os bombardeos en Palestina por parte do Estado de Israel, en resposta ao atentado de Hamas, non deixou de aumentar o número de crianzas vítimas das bombas sionistas, que a día de hoxe supera xa a cifra de 4600 mortos e 9000 feridos. 

A poboación na Franxa de Gaza era, antes do inicio dos ataques, de dous millóns de habitantes e preto da metade eran menores de idade. Sabíase pois dende o comezo que se ía masacrar a toda esa poboación infantil e adolescente. Non é algo accidental senón unha masacre programada, aínda que se lle pretenda xustificar baixo a aparencia dunha operación de castigo e de persecución para a eliminación de Hamas (obxectivo imposible xa que os dirixentes de Hamas, como é sabido, non residen en Palestina).

A día de hoxe pouca é a resposta, tanto do mundo árabe como dos países occidentais, que denigre e condene estes feitos. Noutros momentos da Historia, tristes e tráxicos, ocorreu como agora que se permitiu a masacre dun pobo ante a mirada e coñecemento da poboación. A análise posterior describe estes feitos como un horror que nunca debeu ser permitido. Eu non vin, eu non estaba, eu non podía crer, son escusas febles. Se ocorreu foi porque se deixou facer. Por medo, por intereses, por desinterese ou complicidade. 

Cremos que neste momento tamén se está dando as costas a unha realidade terrible que afecta a un pobo, Palestina, que está sendo obxecto dun xenocidio. Non queremos mirar cara outro lado. Non máis dor, non máis fame, non máis morte.

–           Por iso denunciamos o que consideramos un crime de lesa humanidade, non só crimes de guerra, xa que o que está ocorrendo á vista de todo o mundo é o xenocidio dun pobo, a día de hoxe sen recoñecemento como estado e polo tanto sen un exército, debilitado e masacrado dende hai décadas. Un pobo que vivía antes do inicio dos bombardeos unha situación de asedio no que se restrinxía o uso da auga, a cantidade de alimentos que podían entrar en Gaza, no que se prohibía a exportación de produtos impedindo así o desenvolvemento económico da Franxa e levando ao pobo palestino a unhas cifras de desemprego do 50% da poboación activa.
Non é guerra, é un exterminio.

–           Denunciamos tamén a política de apartheid que Israel impón en Cisxordania e os crimes que se están a cometer por parte de colonos sen que as autoridades israelís fagan nada para evitalo.

–           As estratexias de deshumanización do pobo palestino dentro de Israel e nos territorios ocupados, onde son tratados como “animais humanos”, conseguindo así que a poboación israelí acepte os ataques e evitando calquera resposta en contra.

–           A inacción por parte das nacións europeas, sentíndonos directamente implicadas  pola deixación de funcións dos gobernos e das institucións europeas que desoen as voces dos millóns de persoas que saen ás rúas a protestar, amosando a súa dor e indignación e sumíndoas por tanto na maior das impotencias, que é ver como se asasina impunemente a unha poboación civil inocente.

–           A expulsión de territorio baixo dominio israelí de traballadores e traballadoras palestinas cara a Gaza onde as posibilidades de supervivencia son cada día peores.

–           A masiva destrución de infraestruturas viarias, hospitais, escolas, vivendas, coa fin de que o pobo palestino non teña ningún lugar a onde regresar.

–           Denunciamos con especial contundencia a guerra infanticida iniciada por Israel, que non ten outro obxectivo máis que acabar con toda posibilidade de supervivencia do pobo palestino. Israel está a conculcar o dereito internacional en materia de infancia. Arredor do 50% das persoas falecidas durante os bombardeos e operacións terrestres son menores de idade. Israel destruíu hospitais, incluídos aqueles nos que estaban operativas unidades neonatais e obstétricas. Deste xeito négase asistencia médica ás crianzas, con tráxicas consecuencias para os bebés prematuros ou que precisen coidados nos primeiros momentos de vida e con evidentes consecuencias tamén para as mulleres que teñan complicacións durante o parto. Auga, alimentos, enerxía , menciñas, roupa son negados cada día polo estado israelí, negando así tamén os dereitos básicos das persoas menores de idade en conflitos armados. Trátase de crimes de guerra, segundo o Dereito Internacional Humanitario. 

O goberno español e o resto de estados europeos, así como as institucións europeas teñen capacidade de acción, tanto dende o punto de vista económico como político e diplomático como en canto aos deberes de asistencia humanitaria. A poboación esiximos que estas vías se poñan en marcha coa fin de deter o xenocidio, levar aos responsables dos crimes de lesa humanidade e crimes de guerra ante a xustiza e iniciar o labor de reparación, en base ao dereito internacional, do pobo palestino. 

Por todo isto instamos ao Goberno de España e ao Parlamento Europeo a adoptar as medidas necesarias coa fin de:

–           Suspender relacións diplomáticas co estado de Israel.
–           Suspender os intercambios comerciais con Israel.
–           Suspender os proxectos de investigación universitaria en colaboración con universidades sionistas.
–           O recoñecemento institucional do xenocidio cometido por Israel contra o pobo palestino.
–           Instar á Corte Penal Internacional a investigar os crimes cometidos contra o pobo de Palestina por parte do estado de Israel.

24 de novembro de 2023

 

AGAMME, co apoio de Fuco Buxán e de sinaturas de particulares, pide ao Presidente do Goberno central e ao Parlamento Europeo medidas para deter o xenocidio de Palestina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*