A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) participa, canda outras asociacións e entidades defensoras dos dereitos da muller e da infancia, na xornada “O sesgo machista na aplicación das políticas: o caso da xustiza”, que vai ter lugar no Parlamento Europeo, o vindeiro mércores 18 de novembro.
A xornada, organizada por Alternativa Galega de Esquerda en Europa e Esquerda Unitaria Europea / Esquerda Verde Nórdica, contará cun importante número de relatorios e mesas redondas para debater e reflexionar arredor do sesgo de xénero que condiciona en moitas ocasións o funcionamento da xustiza.
A participación de AGAMME correrá a cargo da súa coordinadora, Estrela Gómez, quen falará arredor dos “Nenos, nenas e adolescentes en procedementos xudiciais. A negación do dereito a ser escoitadas”.
Pódese descargar o programa completo da xornada en pdf premendo aquí.