A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) participará o vindeiro venres 26 de febreiro ás 19:30 no Ateneo Ferrolán, nas xornadas “Crimes do Tarajal, 2 anos, 16 mortos, 0 responsábeis”, organizadas pola Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración.

IMG-20160219-WA0000

Co gallo do segundo aniversario da traxedia da praia do Tarajal, na que morreron 16 persoas tentando entrar en augas españolas, o Foro Galego de Inmigración organiza unhas xornadas nas que se tentará botar luz sobre o acontecido e máis arredor da situación dos refuxiados procedentes de Oriente próximo. A coordinadora de AGAMME, Estrela Gómez, participará no acto cun relatorio arredor da situación dos refuxiados menores de idade, tras as últimas noticias que falan de miles de nenos e nenas desaparecidas que, posibelmente, foron a parar a mans das redes de trata de seres humanos. O acto contará tamén coa proxección do filme documental Los muertos de Ceuta e coa intervención de Xabier Ron, de Esquerda Unidade – Alternativa Galega de Esquerda.

O acto terá lugar o vindeiro venres 26 de febreiro dando inicio ás 19:30 horas.

AGAMME participa nas xornadas “Crimes do Tarajal”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*