
RECUSE DE CONVITE
En contestación ao convite que recibimos por parte de Mons. D. Luis J. Argüello García, Presidente da Conferencia Episcopal Española, y del Rvdo. Padre Jesús Díaz Sariego, de la Orden de Predicadores, Presidente da Conferencia Española de Religiosos COFER, para manter unha reunión en calidade de asociación que nos dedicamos á loita contra o maltrato a menores e na nosa experiencia de asistencia a vítimas de abuso sexual, queremos mediante este escrito RECUSAR o convite en base aos seguintes argumentos:
1º A carta couta, ao noso entender dun xeito malicioso, para qué tipo de vítimas se require a nosa experiencia, aquelas “cuyos vitimarios hayan fallecido o cuyos casos están prescritos ”.
2º Esta coutación está indicando, que o que se persigue con esta convocatoria é unha foto que lance a mensaxe de que a sua institución ten o apoio do movemento asociativo, que loita contra o abuso sexual a menores, pero que non existe unha verdadeira vontade de resarcir ás vítimas, e de abordar todas as reformas que a sua institución precisa para frear o abuso sexual infantil dentro da mesma, pois se trataría de algo do pasado, que xa non sucede ou non pode suceder.
3º Un dos principios básicos dos procedementos de reparación de vítimas é a non repetición da violencia e nese aspecto a Igrexa española ten moito que mellorar no senso de favorecer a persecución deste delito dentro das súas filas, e este convite non mostra indicios de recoñecemento da existencia de pederastia dentro da institución.
4º As normas polas que se rexe a súa institución están, ao noso entender, na base da proliferación de condutas pederastas, que se ben están presentes en moitos ámbitos sociais, ao ter como un dos seus obxectivos o adoutrinamento dos nenos e nenas no seo da sua Igrexa, teñen un espazo amplo onde desenvolverse, nomeadamente colexios e centros de acollida de menores vulnerabeis.
5º Unha institución que prohibe ás mulleres a participación en igualdade, normas como o celibato ou unhas escrituras sagradas inzadas de misoxinia, son o refuxio perfecto para os pederastas que até agora gozaron de impunidade.
6º Nas asociacións cristians de base, están as reformas e as ideas democratizadoras da sua institución, só hai que ter vontade de escoita e vontade de reforma.
7º Recomendamos que se poñan en contacto coas Igrexas de Irlanda, Chile, Alemaña, EEUU, Australia, Francia, Reino Unido, Canadá, Polonia, Ecuador, Colombia, México, Portugal, Italia… onde enfrontan esta mesma cuestión e con seguridade estarán dispostos a colaborar con vostedes.
Xuño 2024
Asinado.- AGAMME