Desde a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) sumámonos á concentración convocada pola Marcha Mundial das Mulleres para o vindeiro mércores 27 de maio a partir das 19.30 horas, perante os xulgados de diferentes vilas galegas como Ourense, A Coruña, Compostela, Vigo ou Ferrol, para parar o feminicidio. Deixamos a continuación o texto da convocatoria:

“As mulleres seguimos a ser asasinadas, e desde diferentes colectivos e accións feministas do país consideramos que non podemos seguir reaccionando só de xeito illado ante cada asasinato. Hai moitas institucións ás que esixir responsabilidades, entre elas, ao SISTEMA XUDICIAL, ao que consideramos cómplice, tal e como se demostrou no último asasinato machista, acontecido no Hospital de Ourense, onde non se asignaron medidas de protección axeitadas a Isabel, hospitalizada por una agresión, e que logo foi rematada polo que fora o seu home.

Esta acción vaise levar a cabo en diferentes vilas do país, como Ourense, A Coruña, Compostela, Vigo ou Ferrol.

Ademais, esta acción inicia una CAMPAÑA, da que iremos dando boa conta, para esixir responsabilidades no caso concreto de Isabel, última muller asasinada na Galiza.”

PAREMOS O FEMINICIDIO

 

 

Concentración contra a violencia machista nos xulgados galegos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*