A responsable da Área de Muller de Esquerda Unida, Raquel Bernárdez advirte en Noticias Vigo dos riscos de manter aberto o Servizo de Atención a Familias Integral e Multidisciplinar (SAFIM), que xestiona a Asociación Galega de Pais e Nais Separados con financiamento da Xunta de Galicia. En concreto sinala que “este centro é unha tapadeira para intentar introducir o coordinador parental, que nos casos de separación ou divorcio conflitivos é contrario ao benestar das e dos menores”. Bernárdez lembra que arredor do 65% da violencia de xénero non se denuncia, polo que aplicar esta figura poñería en risco o benestar dos nenos e das nenas.
Entrevista a Raquel Bernárdez, responsable da Área de Muller de EU, sobre o SAFIM