Hoxe estivemos en As Pontes, participando na Carreira Popular “Corre por elas”. Agradecemos ao Concello de As Pontes, ao Centro Municipal de Información á Muller, ao Clube de Atletismo Olimpo, de As Pontes, a organización do evento e a todas as persoas e clubes deportivos que se desplazaron dende distintos puntos de Galiza para participar na carreira, enchendo de enerxía positiva a xornada e colaborando na recadación de 900€ destinados á nosa asociación.
Foi unha carreira entrañable, na que correron ou camiñaron persoas de todas as idades. Incluso algúns compañeiros-as caninos-as portaban dorsais. Recibimos a dedicación e o agarimo das persoas organizadoras e participantes ao mesmo tempo que o evento nos permitiu visibilizar a AGAMME e os seus obxectivos.
A cantidade recadada será empregada na organización dun evento para formación de profesionais na detección do maltrato infantil, da cal iremos informando no sucesivo.
Deixamos aquí algunhas imaxes.