Unha nai sevillana vítima de violencia machista terá que cumprir seis meses de cadea tras ser condeada por incumprir o réxime de visitas da súa exparella coa filla de ambos. Porén, o xulgado sevillano suspendeu o requerimento de ingreso en prisión mentres se resolve a súa petición de indulto.

A afectada, María Salmerón, manifestou en rolda de prensa a súa preocupación porque o seu ingreso en prisión conleva un cambio de custodia da súa filla que, actualmente ten ela. “O maltratador -en referenza á súa exparella e pai da menor de 14 anos- xa pediu a custodia da nena se eu vou á cadea”, afirmou, e preguntouse quen vai velar polo dereito da súa filla e que vai ser dela, se cumpre a sentenza.

Neste sentido, sinalou que só agarda que a súa filla “poida decidir e a oian” para que en lugar de ir co pai -ao que a nena se nega segundo a nai- poida quedar coa súa familia materna e así “non sufra máis”. “Espero que non lla dean ao maltratador en contra da súa vontade”, reiterou, ao tempo que asegurou sentir medo ás represalias da xustiza” cara a ela e a súa filla.

Segundo indicou Salmerón o problema radica “no dano que se lle vai facer a unha menor que non ten relación co seu pai”, polo que solicitou “respectar os seus dereitos”. “Ela non quere ser forzada a ir co pai e eu non lle vou pisotear os seus dereitos á miña filla”, subliñou. Por último, pediu á autoridade competente que revise o seu caso “antes de facer un dano irreparábel”.

Cómpre lembrar que Salmerón foi vítima de violencia machista por parte da súa exparella que foi condeada por un delito de maltrato habitual no ámbito familiar. Asemade, o xulgado nunca lle retirou o réxime de visitas ao pai, a pesar da resistencia da menor a velo. En consecuencia, Salmerón co fin de protexer e salvagardar o desexo da súa filla respectou a decisión desta a non ver ao seu proxenitor

Nai maltratada deberá entrar en prisión por incumprir o réxime de visitas da súa exparella coa filla de ambos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*