Asociacións de Mulleres piden que Coordinadores Parentales non engrosen o Rexistro de mediadores/as do Ministerio de Xustiza.
Máis de 80 Organizacións de Mulleres e de dereitos de infancia dirixíronse ao ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, para trasladarlle a preocupación polo impulso que se está dando á figura do “Coordinador Parental” como figura habilitada para intermediar en conflitos entre proxenitores trala separación ou divorcio. Nun documento remitido ao ministerio, recordan que o Coordinador Parental non só carece de regulación, senón que é unha figura que se sirve da coacción nos casos en que fillos e fillas presentan negativa a cumprir os réximes de visitas. Ao contrario que no caso da mediación, cuxa función está plenamente regulada, o Coordinador Parental non conta con límite ningún para intervir, nin sequera en posibles contextos de violencia.
As asinantes manifestaron a súa preocupación ante o feito de que a alta litixiosidade dos xulgados de familia poida chegar a mitigarse depositando a resolución de conflitos en mans de persoas que pasan a ostentar un poder similar ao dos xuíces sobre a vida dos membros de familias en litixio, con tan só ter acreditado un breve curso de formación con contidos que xa están a ser cuestionados por profesionais do dereito e da psicoloxía.
As asinantes consideran moi grave que persoas cunha “insuficiente e dubidosa” formación pasen a engrosar o REXISTRO DE MEDIADORES/AS DO MINISTERIO DE XUSTIZA. Aínda que non é a primeira denuncia que fan neste senso, esta última xorde a raíz da formación proposta pola Universidade a Distancia de Pontevedra. As asinantes denuncian que para ese curso de 6 días lectivos non se esixe ningún perfil profesional concreto e na misiva enviada ao ministerio denuncian que este e outros cursos similares alentan o uso na peritaxe forense de sintomatoloxía clínica inexistente e desaconsellada ata polo Consello Xeral do Poder Xudicial, nunha clara referencia á chamada “Síndrome de Alienación Parental”e á coñecida como terapia da ameaza.
A misiva ao ministro Campos critica, de maneira xeral, os contidos de cursos impartidos en diferentes universidades por evidenciar “la falla da esixible perspectiva de xénero” o “ desprezo ao coñecemento e consenso conceptual nesta materia”. As feministas consideran que “os contidos amosan un sesgo ideolóxico contrario aos dereitos máis básicos en materia de igualdade” e critican a orientación comercial que emana da figura do Coordinador Parental. La reivindicación específica ao ministro, máis alá de informar sobre a situación e solicitar unha reunión de traballo, baséase en reclamar que os “titulados” a través destes cursos, non pasen a engrosar o Rexistro de mediadores/as do Ministerio de Xustiza.
Para las asinantes, iso xeraría “un contexto de enorme vulnerabilidade para as mulleres, nenos e nenas vítimas de violencia de xénero e sexual”. A implantación dos Coordinadores Parentais está activándose de forma experimental en Comunidades Autónomas como Galicia, onde asociacións do territorio xa alertaron de que os negocios vinculados á Coordinación Parental poñen en perigo o benestar e a saúde número crecente de nenos e nenas expoñen a mulleres vítimas de violencia de xénero a situacións que vulneran os seus dereitos recoñecidos. Na Comisión de Infancia do Congreso de los Deputados, durante a XII Lexislatura, foi denunciado o curso impartido pola Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, onde o xuíz Serrano, portavoz de VOX no Parlamento andaluz, formaba parte do elenco de profesores.
As asinantes rematan a súa misiva animando ao ministro Campos a manter “unha loita decidida contra toda práctica que socave dereitos das vítimas e que se basee en prexuízos vencellados á pertenza a un determinado sexo ou grupo de idade e que supoña privalos do acceso pleno á tutela xudicial efectiva, xerando novos escenarios de vulnerabilidade”.
Enlaces:
Piden que Coordinares Parentales no engrosen el Registro de mediadores/as del Ministerio de Justicia.
https://www.europapress.es/epsocial/igualdad/noticia-ong-mujeres-trasladan-preocupacion-justicia-papel-coordinador-parental-separaciones-divorcios-20200424141037.html