Pide a eliminación do Servizo de apoio familiar integral
Bará afea á Xunta que “lexitime” a síndrome de alienación parental
Pide a eliminación do Servizo de apoio familiar integral
Bará afea á Xunta que “lexitime” a síndrome de alienación parental
Luis Bará, deputado do BNG no Parlamento de Galicia pediu onte, xoves 22 de xaneiro, ao goberno o feche do SAFIM. O parlamentario defendeu que a situación dos nenos e nenas afectados por separacións ou divorcios non pode quedar en mans dunha entidade, como é a Asociaciación Galega de Pais e Nais Separados, negacionista da violencia de xénero, que se opón aos avances nesta materia e promove a custodia compartida imposta e a síndrome de alienación parental.
Bará criticou tamén que se dividise en tres partidas distintas os case 90.000€ que recibiu a AGPNS para as actividades do SAFIM. Bará considera que é “unha fraude e unha trampa”.
O deputado do BNG manifestou que se está a subvencionar este servizo “pola porta de atrás” a unha entidade cunha carga ideolóxica moi perigosa.
http://mediateca.parlamentodegalicia.gal/s/YQLiwjI7tfIdbDSHNU4jMYqfXHpukSaQ
A responsable da Área de Muller de Esquerda Unida, Raquel Bernárdez advirte en Noticias Vigo dos riscos de manter aberto o Servizo de Atención a Familias Integral e Multidisciplinar (SAFIM), que xestiona a Asociación Galega de Pais e Nais Separados con financiamento da Xunta de Galicia. En concreto sinala que “este centro é unha tapadeira para intentar introducir o coordinador parental, que nos casos de separación ou divorcio conflitivos é contrario ao benestar das e dos menores”. Bernárdez lembra que arredor do 65% da violencia de xénero non se denuncia, polo que aplicar esta figura poñería en risco o benestar dos nenos e das nenas.
Este luns 2 de decembro, 29 entidades dirixíronse á Consellería de Política Social para pedir o peche do novo Servizo de Apoio Familiar Integral e multidisciplinar (SAFIM) que vén de crear a Asociación de Pais e Nais Divorciados de Galicia. O centro, que se anuncia como público créase co apoio financiero da Xunta de Galicia e coa colaboración da Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostela e do Grupo de investigación en Psicoloxía Xurídica da Universidade de Vigo.
Entre as entidades asinantes do comunicado atópanse asociación de dereitos da infancia e de loita contra a violencia de xénero, colexios profesionais, sindicatos e os partidos da oposición no Parlamento de Galicia.
O documento fai fincapé no risco de entregar un servizo de mediación e coordinación de parentalidade a un colectivo integrado por persoas afectadas por divorcios, especialmente naqueles aspectos que afectan a nenos, nenas e adolescentes. Subliña a necesidade dunha total imparcialidade no desenvolvemento deste tipo de tarefas.
O texto conclúe lembrando que os procedementos de mediación son útiles só cando se accede a eles de forma voluntaria e que non se poden aplicar nunca en situacións nas que existan indicios de violencia. O coordinador de parentalidade é unha figura que foi proposta para ser levada a debate en xaneiro deste ano no Parlamento de Galiza. A proposta foi retirada debido á resposta contundente de colectivos, expertos-as e partidos políticos contra esta figura de corte misóxino que parte da negación da problemática da violencia de xénero.
Hoxe, 29 de novembro, Víctor Manuel López Casal, Coordinador de AGAMME, desprázase ata Guipúzcoa para participar na xormada de formación para técnicos-as municipais que organiza a Diputación de Guipúzcoa.
Na xornada abordarase unha análise das características psicolóxicas da infancia que se deben ter en conta dende unha perspectiva de xénero. O relatorio correrá a cargo de Tania Caseda.
A continuación Víctor M. López Casal falará sobre a resposta do sistema xudicial á violencia sexual na infancia e adolescencia.
Realizaranse ademais dinámicas de grupo para identificar prioridades e asuntos nos que é preciso afondar, coa fin de que os-as profesionais asistentes aporten as súas perspectivas, coñecementos e experiencias.
Dende AGAMME queremos dar os parabéns á Diputación de Guipúzcoa que responde así á constante reclamación das asociacións de que a infancia e a adolescencia reciba atención especializada nos ámbitos da violencia de xénero e da violencia sexual.
Víctor M. López Casal, Coordinador de AGAMME, vén de participar nas V Jornadas contra el Maltrato Infantil, organizadas pola Asociación Canaria contra el Maltrato Infantil. O evento tivo lugar os pasados 21 e 22 de novembro en Las Palmas e xirou arredor dos abusos sexuais na infancia. Ao longo dos dous días de relatorios, expuxeron os seus datos e conclusións profesionais do ámbito xurídico, das forzas de seguridade do estado, de servizos sociais e psicoloxía, así como representantes de diversas asociacións de loita contra os abusos sexuais na infancia e na adolescencia.
O vindeiro venres día 22 de novembro, AGAMME inicia as súas VII Xornadas sobre maltrato á infancia e á adolescencia. Terán lugar no Antigo Hospicio de Ferrol a partir das 18:00 h. e xirarán arredor da problemática da ludopatía na infancia e na adolescencia.
Nesta primeira quenda teremos a ocasión de escoitar a Gerardo Rodríguez, portavoz da Asociación AGALURE, unha entidade galega cun longo percorrido na atención a persoas afectadas pola ludopatía e no traballo de divulgación e sensibilización sobre esta realidade.
Participará tamén Ana Mª González Soto, representante da Coordenadora contra a Casa de Apostas de Redondela, entidade de recente creación que naceu co obxectivo de opoñerse á apertura do local de apostas nas inmediación dun centro educativo en Redondela e que conta cunha ampla participación do movemento social da vila galega.
O debate é especialmente necesario neste momento, tendo en conta o rápido incremento do número de locais dedicados ao xogo e ás apostas en territorio galego. Por outra banda, este ano o Parlamento de Galicia debate unha nova Lei Galega do Xogo, un feito de gran relevancia que vai determinar se se poñen ou non limitacións ás actividades desta industria coa fin de protexer á infancia e á adolescencia do contacto cos seus produtos.
Agardamos a vosa asistencia.
O dereito a ser escoitado, a manifestar a opinión, a amosar un espítitu crítico coas situacións sociais, a necesidade se seren protagonistas do momento histórico que lles toca vivir…
Chile, Ecuador, México (o drama dos nenos e nenas que emigran a EEUU coas súas familias), a masa de refuxiados que entran ou tentan entrar en Europa, os nenos palestinos encarcelados… E no Estado Español miles de familias empobrecidas, desafiuzadas, as causas identitarias… No ano 2019 o neoliberalismo sacude con ferocidade todo o que toca.
Hai voces que se elevan contra esta barbarie, queremos ser voceiros cando se trata de nenos, nenas ou adolescentes.
Ligazón para o vídeo “Paisajes para no colorear”
Agamme, “Asociación Galega contra o Maltrato a Menores” co gallo, o próximo 20 de novembro, do 30 aniversario da Convención dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, ratificado por 195 estados, CONVOCA o primeiro concurso escolar para a divulgación do contido desta convención, co obxectivo de favorecer o seu coñecemento dentro do ámbito escolar. O texto desta declaración, aprobouse o 20 de novembro de 1989, e o seu cumprimento é obrigatorio para todos os países que a ratifiquen.
Dentro dos 54 artigos que a compoñen, para esta primeira edición, o concurso estará dedicado a dar a coñecer e reflexionar sobre o dereito recollido co número 12.
Artículo 12: Dereito a expresar a súa opinión e a ser escoitados e escoitadas
Todas as nenas e nenos teñen dereito a expresar libremente a súa opinión en todos os asuntos, e a ser escoitados e escoitadas nos temas que teñan que ver con eles e elas. Os nenos e nenas teñen dereito a ser escoitados en procedementos xudiciais ou administrativos que lles afecten.
Bases concurso edición 2019
1º Poderán participar neste concurso todo o alumnado dos niveis de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
2º Os traballos que se presenten consistirán nunha obra realizada en formato A4, soporte folio ou cartolina, orientación horizontal, realizado en calquera técnica , que faga relación ao Artigo 12 da Declaración dos Dereitos da Infancia.
3º No anverso de cada traballo farase constar nome e apelidos, idade e curso do alumnado participante e nome do centro escolar.
4º Seleccionaranse doce traballos que serán editaranse nun calendario conmemorativo.
5º O xurado seleccionador destes traballos estará composto por tres persoas da directiva de AGAMME vinculadas ao mundo do ensino.
6º Cada un dos traballos seleccionados recibirá como premio un calendario conmemorativo onde aparecerá publicado. Tamén se enviará un calendario ás aulas que participen colectivamente aínda que os seus traballos non figuren entre os seleccionados.
7º Os traballos deberán ser depositados nos contedores que a asociación AGAMME colocará nos distintos centros escolares, e no seu defecto poderán ser enviados ao enderezo:
AGAMME
Rua Enrique Granados 19 1ºd
15406 Ferrol
8º O prazo de entrega e recollida de traballos remata o 30 de novembro. O resultado do concurso publicarase na web de AGAMME
9º Os calendarios remitiranse aos enderezos dos centros educativos recollidos no anverso dos traballos seleccionados, ou no seu caso entregados no propio centro escolar.
Ferrol, 28 de outubro de 2019
AGAMME, Rede de Mulleres de Vigo, Marcha Mundial das Mulleres, ASOCIM, Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, ADAVAS Baixo Miño e a Asociación Cultural Fuco Buxán alertan do retroceso que se está a producir en dereitos de certos colectivos, como é o de nenos e nenas vítimas. Esta semana a prensa galega fíxose eco da situación dunha nena de seis anos que foi entregada ao proxenitor sobre quen pesan denuncias de abuso sexual que están a ser tramitadas por un xulgado de Málaga. A nena deberá pasar no domicilio do proxenitor o período de 15 días de vacacións que lle corresponde por sentenza. Nin o xulgado de civil nin o de penal consideraron necesaria ningunha medida de protección, o cal contravén as normas estatais e internacionais sobre os dereitos das vítimas do delito. No PDF pódese ler o texto completo asinado polas entidades.