PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística” a cargo de Miguel Rodríguez Carnota

O vindeiro mércores 29 de maio, a partir das 19:00h no Ateneo Ferrolán, AGAMME organiza a  PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”, a cargo do profesor Miguel Rodríguez Carnota.

A través do seu relatorio, Carnota expoñerá os resultados da súa tese doutoral na que investiga a existencia dunha realidade de acoso escolar por razón de lingua no noso sistema educativo que non se está a identificar nin abordar.

Miguel Rodríguez Carnota é mestre de lingua inglesa, Licenciado en Filosofía e en Ciencias da Educación. Master of arts in education and applied linguistics pola Open University. É autor de diversas publicacións sobre a temática da discriminación lingüística do alumnado galego falante e dun método de aprendizaxe de inglés a partir da lingua galega. É coautor do método de lectoescritura Chirlo Mirlo (Ir Indo, 1991).

Reaçom. Artigo da compañeira Lupe Ces.

TEXTO EN GALEGO

Reaçom

Juana Rivas, Maria Sevilla…, e agora Patrícia González, estas duas últimas, mulheres pertencentes a Infancia Libre e que o jornal El Mundo, e outros médios de comunicaçom, colocavam nas primeiras páginas das suas ediçons junto a termos como “sequestro”, “denuncias falsas”, “sustraçom de menores”, “manipulaçom”, “pôr em contra do pai”…, Que lonje estamos dun jornalismo que garanta o direito à informaçom, argumentado e contrastado! Quanto queda por caminhar para que as crianças nom sofram constantemente, nos médios de comunicaçom, a vulneraçom dos seus direitos!  Que grande o desconhecemento que existe entre muitos profissionais do jornalismo, da situaçom das crianças vitimas de violencia sexual e as nais, que decidem denuncia-lo! Mas no caso do jornal El Mundo, nom se pode falar de desconhecemento, hai que falar de utilizaçom da imagem das crianças para praticar um jornalismo que vulnera o código deontológico para o exercício da profissom.

As denuncias falsas nom acadam o 0,01% de incidência segundo o Consejo General del Poder Judicial, mas a reaçom machista aos avances feministas na nossa sociedade, utilizam esse mantra para atacar às mulheres vitimas de violência machista, e contra às que denunciam violência sexual sobre as suas crianças.

Quando falamos de “sequestro” nestes casos, atopamo-nos com mulheres que num intento desesperado por proteger às suas crianças do suposto agressor, vulneram a lei. Nom estamos falando de sequestrar para fazer dano, pedir um rescate, obter notoriedade… Umha desacertada decissom numha situaçom de indefenssom e vulnerabilidade máxima. Mas a reaçom machista organizada, intenta confundir, a través dos médios, à opiniom pública, falando mesmo de tramas organizadas de “sustraçom de menores”.

Nom pode faltar neste tipo de novas a suposta “manipulaçom” que a nai exerce para posicionar à criança contra do pai. Um jeito de reconhecer o inexistente Sindrome de Alineaçom Parental (SAP), fantasiado nas mentes patriarcais e que se utiliza como argumento para impor às crianças um vínculo afetivo que nom desejam, e às nais o castigo por denunciar o que segue a ser um tabu na nossa sociedade: o abuso sexual infantil.

Esta nova detençom dumha nai que pretendia ocultar-se junto à sua filha para evitar o contacto co pai, denunciado por abuso sexual, nom podemos mira-la só como umha desafortunada interpretaçom da realidade. Hai dados que mostram que existe umha prática comum entre sectores do poder judicial, dos medios de comunicaçom, e de expressons políticas que pretendem frenar os avanços feministas e seguir deixando no privado a violência sexual contra a infáncia.

O proxecto de desmantelamento dos serviços de igualdade em Andalucia, as sentenças e justificaçons das agressons sexuais em grupo, os intentos de legalizar os ventres de aluguer, a pressom a través de alguns sindicatos para regularizar a prostituiçom…, som mostras de que assistimos a umha reaçom organizada e disposta a afiançar e recuperar privilégios.

As organizaçons em defensa dos direitos da Infancia, que atuam frente a esta situaçom, som um objetivo a bater. Um movemento moi novo, mas que logrou criar umha rede de colaboraçom, fluxo de informaçom e lançamento de alternativas (modificaçom e promulgaçom de leis, protocolos, boas práticas, aplicaçom de metodologias acaidas, formaçom de profissionais …), e que recolherom já algumhas conquistas. Este movimento, pese aos intentos de difamaçom e desqualificaçom, fica para quedar-se, porque é tempo de que a pederastia, o estupro, as perversas práticas de abuso e explotaçom sexual das crianças e adolescentes, sejam desterradas das nossas sociedade.

Lupe Ces, pertence à directiva de  AGAMME

TEXTO EN ESPAÑOL

Reacción

Juana Rivas, Maria Sevilla…, y ahora Patricia González, las dos últimas, mujeres pertenecientes a Infancia Libre y a quienes el periódico El Mundo, y otros medios de comunicación, colocaban en las primeras páginas de sus ediciones junto a términos como “secuestro”, “denuncias falsas”, “sustracción de menores”, “manipulación”, “poner en contra del padre”…, ¡Qué lejos estamos de un periodismo que garantice el derecho a la información, argumentado y contrastado! ¡Cuánto queda por caminar para que las niñas, niños y adolescentes no sufran constantemente, en los medios de comunicación, la vulneración de sus derechos!  ¡Qué grande es el desconocimiento que existe entre numerosos profesionales del periodismo, de la situación de las niñas y niños víctimas de violencia sexual y las madres, que deciden denunciarlo! Pero en el caso del periódico El Mundo, no se puede hablar de desconocimiento, hay que hablar de utilización de la imagen de los-las menores de edad para practicar un periodismo que vulnera el código deontológico para el ejercicio de la profesión.

Las denuncias falsas no alcanzan el 0,01% de incidencia según el Consejo General del Poder Judicial, pero la reacción machista ante los avances feministas en nuestra sociedad, utilizan ese mantra para atacar a las mujeres víctimas de violencia machista, y contra aquéllas que denuncian violencia sexual sobre sus hijos o hijas.

Cuando hablamos de “secuestro” en estos casos, nos encontramos con mujeres que en un intento desesperado por proteger a sus hijos e hijas del supuesto agresor, vulneran la ley. No estamos hablando de secuestrar para causar daño, pedir un rescate, obtener notoriedad… Una desacertada decisión en una situación de indefensión y vulnerabilidad máxima. Mas la reacción machista organizada intenta confundir, a través de los medios, a la opinión pública, hablando incluso de tramas organizadas de “sustracción de menores”.

No puede faltar en este tipo de noticias la supuesta “manipulación” que la madre ejerce para posicionar al hijo o hija contra el padre. Una forma de reconocer el inexistente Síndrome de Alineación Parental (SAP), fantasiado en las mentes patriarcales y que se utiliza como argumento para imponer a los niños, niñas y adolescentes un vínculo afectivo que no desean, y a las madres el castigo por denunciar lo que sigue siendo un tabú en nuestra sociedad: el abuso sexual infantil.

Esta nueva detención de una madre que pretendía ocultarse junto a su hija para evitar el contacto con el padre, denunciado por abuso sexual, no podemos mirarla únicamente como una desafortunada interpretación de la realidad. Hay datos que muestran que existe una práctica común entre sectores del poder judicial, de los medios de comunicación, y de expresiones políticas que pretenden frenar los avaneces feministas y seguir dejando en lo privado la violencia sexual contra la infancia.

El proyecto de desmantelamiento de los servicios de igualdad en Andalucía, las sentencias y justificaciones de agresiones sexuales en grupo, los intentos de legalizar los vientres de alquiler, la presión a través de algunos sindicatos para regularizar la prostitución…, son muestras de que asistimos a una reacción organizada y dispuesta a afianzar y recuperar privilegios.

Las organizaciones en defensa de los derechos de la Infancia, que actúan frente a esta situación, son un objetivo a abatir. Un movimiento muy nuevo, pero que ha logrado crear una red de colaboración, flujo de información y proposición de alternativas (modificación y promulgación de leyes, protocolos, buenas prácticas, aplicación de metodologías adecuadas, formación de profesionales …), y que recogieron ya algunas conquistas. Este movimiento, pese a los intentos de difamación y descalificación, está para quedarse, porque es tiempo de que la pederastia, el estupro, las perversas prácticas de abuso y explotación sexual de niñas, niños y adolescentes, sean desterradas de nuestra sociedad.

Lupe Ces, pertenece a la directiva de  AGAMME

Carta de queixa dirixida á Asociación de la Prensa de Madrid por posibles erros deontolóxicos por parte do xornal El Mundo.

No día de hoxe, luns 13 de maio, AGAMME remitiu unha carte de queixa á Asociación de la Prensa de Madrid, co propósito de manifestar a posible falla de cumprimento do código deontolóxico do xornalismo na nova publicada o pasado domindo 12 de maio polo xornal El Mundo, baixo o titular La madre y la asesora de Podemos detenidas por secuestrar a sus hijos compartían denuncias falsas y abogada contra sus exA nova está tratada, ao noso ver cunha total falla de rigor e vulnera os dereitos da nena á que fai referencia. Convidamos a dar apoio a esta iniciativa enviando a adhesión á carta de agamme ou un comentario propio ao enderezo electrónico da Asociación de la Prensa de Madrid, apm@apmadrid.es.

A carta está dispoñible no seguinte documento pdf.

Coa fin de poder facer un reconto de participación, agradeceríamos ás persoas e entidades que colaboren nolo fagan saber a través do correo electrónico de agamme, agammeferrol@gmail.com.

Galería fotográfica da Carreira Popular “Corre por elas” (As Pontes, 17-03-19)

Hoxe estivemos en As Pontes, participando na Carreira Popular “Corre por elas”. Agradecemos ao Concello de As Pontes, ao Centro Municipal de Información á Muller, ao Clube de Atletismo Olimpo, de As Pontes, a organización do evento e a todas as persoas e clubes deportivos que se desplazaron dende distintos puntos de Galiza para participar na carreira, enchendo de enerxía positiva a xornada e colaborando na recadación de 900€ destinados á nosa asociación.

Foi unha carreira entrañable, na que correron ou camiñaron persoas de todas as idades. Incluso algúns compañeiros-as caninos-as portaban dorsais. Recibimos a dedicación e o agarimo das persoas organizadoras e participantes ao mesmo tempo que o evento nos permitiu visibilizar a AGAMME e os seus obxectivos.

A cantidade recadada será empregada na organización dun evento para formación de profesionais na detección do maltrato infantil, da cal iremos informando no sucesivo.

Deixamos aquí algunhas imaxes.

O Concello de As Pontes dedica este ano a carreira popular Corre por elas a AGAMME

Dende AGAMME agradecemos ao Concello de As Pontes que este ano a carreira popular Corre por elas se dedique á nosa asociación. Acollemos a proposta con ilusión e con enerxía para participar nesta actividade deportiva que cada ano o Concello vén adicando a visibilizar e apoiar a entidades de tipo social. Por iso convidámosvos a participar na xornada o domingo 17 de marzo en As Pontes. O prazo de inscrición é ata o 13 de marzo, na seguinte ligazón: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/xxxix-san-xos-iv-corre-por-elas/d2590683-e5d9-31d0-4e82-39ec2c8a08e3.

Anímate e Corre por elas, o domingo 17 de marzo, ás 11:00h en As Pontes

AGAMME ante a convocatoria feminista do 8M

AGAMME ante a celebración e convocatórias do 8M

A denúncia do patriarcado, o rechazo ao machismo e as reivindicacions de igualdade e transformacion social, tinxen un ano máis a data do 8 de marzo, cun movemento feminista que nos convoca a umha folga de coidados, laboral, de consumo e estudantil e a manifestarnos nas rúas de todo o país baixo o lema “Por todas as mulleres, por todos os dereitos”.

Un dos objectivos desta mobilización é conseguir unha vida libre de violencias. A violencia machista ten outras vítimas silenciadas, nenos e nenas, adolescentes, que crecen en entornos violentos, onde o maltratador conserva intacta ante a sociedade o dereito a seguir facendo parte das suas vidas; unhas vítimas que en numerosas ocasions padecen as consecuencias de custodia compartida imposta, ou rexime de visitas que deixa a vida das crianzas, á vontade do maltratador. O sistema patriarcal coloca o dereito do pater por riba do interese de menores e adolescentes, que só en contadas ocasions son escoitadxs.Do mesmo xeito, o patriarcado mostra ás suas raices no poder xudicial cando aplica a terapia da ameaza ou a inexistente Sindrome de Alineacion Parental contra as mulheres que intentan defender os dereitos das suas crianzas, sobre todo en casos de denúncias de agresión sexual.

A maiores, comezamos este ano 2019 con novas ameazas que se suman ás que íamos enfrentando na nossa loita por erradicar o maltrato á Infancia e á Adolescencia : iniciativas políticas que pretenden instaurar a figura do coordenador parental ou a Lei de mediacion. Ambas as duas iniciativas pretenden un ordenamento nas relacions de convivencia familiar, que ao non ter en conta como o patriarcado está presente na construcion das mesmas, pon en perigo os direitos das mulheres e esquece os dereitos de menores e adolescentes.

AGAMME estará presente nas mobilizacions deste 8M, conscientes de que a derrota do sistema patriarcal, será garante da construción dunha sociedade máis xusta, que respecte os dereitos da Infancia e Adolescencia.

Unha viaxe polas músicas do mundo con Abraham Cupeiro (concerto a favor de AGAMME)

A Real Filharmonía de Galicia celebra dous concertos didácticos dirixidos a estudantes, en particular de ESO e Bacharelato, o xoves 21 e o venres 22 de febreiro, ás 11:00 horas no Auditorio de Galicia. E o sábado 23, ás 18:30 horas, repetirase a actuación para o público infantil e familiar dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos.

O concerto do sábado servirá para dar visibilidade a AGAMME, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, que traballa na protección da infancia e a adolescencia na sociedade galega, así como na defensa dos seus dereitos. Enmárcase dentro do proxecto RFG Solidaria, co que se apoian diversas causas a través da música. Neste caso as entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos.

A paisaxe sonora do noso planeta

Nos tres concertos ofrecerase o espectáculo “Pangea. A paisaxe sonora do noso planeta”, escrito polo poliinstrumentista natural de Sarria Abraham Cupeiro e que busca unir os cinco continentes a través da música. Levará a batuta o mestre Rafael Agulló, que na actualidade é director da Banda e Escola Municipal de Música de Silleda, profesor na Academia de Música Profesional de Viana do Castelo (Portugal), director da Banda de Música de Pontevedra e estuda Dirección de Orquestra no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Hai uns 200 millóns de anos no noso planeta existía un único e xigantesco continente: Pangea. Este empezou a separarse e, co paso do tempo, deu lugar aos diferentes continentes tal e como os coñecemos hoxe. Os asistentes farán unha viaxe musical dende a austral Oceanía, cos ecos das súas caracolas; pasando polas misteriosas montañas chinesas a través do son do hulusi, un instrumento de vento das minorías étnicas chinesas, cuxa historia se remonta a uns 200 anos antes de Cristo; visitando as grandes chairas de Norteamérica; as selvas de Sudamérica; a frauta Peul de Senegal, típica do pobo Peul, que é o pobo nómada máis grande do mundo; a gaida ou gaita búlgara, empregada polos pobos babilonios, hebreos, fenicios, romanos e celtas; a desafiante zurna, un instrumento de vento moi extendido polos países musulmáns; ata as milenarias cornas de pastor.

Abraham Cupeiro recupera instrumentos perdidos no tempo

Abraham Cupeiro dedícase á recuperación de instrumentos perdidos no tempo, que logo emprega para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles. Como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o karnix, unha trompeta celta da Idade de Ferro. É ademais impulsor dun instrumento ancestral na tradición galega, a corna, que na segunda metade do século XX xa estaba extinguido.

O seu interese pola organoloxía levouno a reunir unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas. Cos instrumentos que recupera e constrúe interpreta dende composicións propias ata música actual. O seu último proxecto é Os sons esquecidos, gravado coa Real Filharmonía de Galicia para o selo discográfico Warner Classics.

Nova sacada de:
htttp://www.rfgalicia.org/gl/novas/unha-viaxe-polas-musicas-do-mundo-con-abraham-cupeiro-concerto-favor-de-agamme

AGAMME presentou alegacións ao Anteproxecto de Lei para a promoción do bo trato e a erradicación da violencia contra a infancia e a adolescencia

No día de hoxe, AGAMME presentou diante do Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social as súas alegacións ao Anteproxecto de Lei para a promoción do bo trato e a erradicación da violencia contra a infancia e a adolescencia. Pódense consultar no seguinte enlace:

alegaciones ley infancia

Comunicado da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) a raíz da decisión da Comisión Europea de abrir expediente sancionador ao estado español por incumprir a directiva europea de loita contra o abuso sexual infantil

A finais do ano 2015 tres entidades –AGAMME, Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo e o Grupo de investigación Antígona, da UAB- viaxamos ao Parlamento Europeo para presentar unha demanda contra o estado español por non dar cumprimento á directiva europea de loita contra a violencia sexual na infancia. Tres anos máis tarde, despois de que o Parlamento Europeo tivese admitido a demanda a trámite e iniciado unha consulta ao respecto, despois de que se tivese fornecido a demanda coa documentación de 14 casos paradigmáticos, coa colaboración doutras seis entidades (SIMI, Custodia en Positivo, Asociación Abogadas Asturianas por la Igualdad, Aspasi, Fight 4 Child Protection e Infancia Libre), despois do silencio das autoridades españolas durante máis de ano e medio, a Comisión Europea abría no día de onte un expediente sancionador contra o estado español por este motivo.

Algúns dos asuntos que motivaban a demanda presentada e secundada polas oito entidades  eran a falla de medios adaptados e suficientes, tanto materiais como profesionais no eido xudicial; a prolongación excesiva dos prazos de espera para a toma de declaración dos nenos e nenas vítimas; a repetición de intervencións, que causa vitimización secundaria; a vulneración do dereito do neno e da nena a recuperarse, dado que precisa a autorización de ambos proxenitores para poder asistir a unha terapia, sexa ou non violento algún deles; a sistemática dúbida sobre a credibilidade do testemuño infantil, o cal suporía, a ollos da Comisión, un ataque ao interese superior do neno e da nena; a aplicación nos xulgados españois da teoría da suposta síndrome de alienación parental, a pesar de estar amplamente rexeitada pola comunidade científica, polo Consello Xeral do Poder Xudicial e pola Fiscalía de Violencia de Xénero. Todo isto levaría, segundo informa a Comisión Europea, á presunta falla de dilixencia na investigación dos abusos sexuais contra nenos e nenas no estado español.

Aínda que nos parece en certo modo un fracaso que tivese sido inútil a interlocución por medios internos co goberno e as institucións españolas, vemos este acontecemento como unha oportunidade para comezar a promover un verdadeiro cambio na forma en que se vén abordando esta problemática. Cremos que o traballo debe dirixirse principalmente en dúas direccións:

A primeira, moi evidente, realizar as modificacións lexislativas necesarias para romper definitivamente a impunidade do delicto de abuso sexual. Actualmente estase a redactar por parte do goberno un proxecto de Lei para a Protección Integral da Infancia e a Adolescencia fronte á Violencia. Para que esta lei sexa efectiva é imprescindible que sexa moi concreta en aspectos como o nivel de formación esixible para calquera profesional que vaia entrar en contacto cunha vítima menor de idade, establecer con claridade que se consideran retrasos inxustificados e que prazos se deben cumprir para a toma de declaración dende o momento en que a vítima se atope en condicións de ofrecer o seu testemuño. Debe aclarar cales son as condicións materiais das salas adaptadas para recibir a nenos e nenas vítimas nas dependencias xudiciais, como se vai evitar todo contacto co reo antes, durante e despois da declaración. Cales son as condicións profesionais e humanas que garanten unha toma de declaración respectada e adaptada, que tipo de preguntas e actitudes non estarán permitidas. Deberase asegurar que o neno ou nena vítima vai ser protexido-a nos procedementos civís que poidan producirse simultaneamente, así como na intervención doutros servizos públicos. A lei debe prohibir a utilización de teorías e prácticas que ataquen a imaxe e a credibilidade das vítimas e debe perseguir este tipo de comportamentos dentro do sistema xudicial e dos servizos que lle aportan información, establecendo medidas disciplinarias e responsabilidades penais e civís en caso de incumprimento. Trátase de erradicar a suposta síndrome de alienación parental, que tanto dano causa ás vítimas e tanto vén prexudicando á calidade da xustiza española, englobando baixo esta etiqueta diversas denominacións que parten dos mesmos plantexamentos ideolóxicos e procedementos. A lei debe asegurar un cumprimento real e efectivo do dereito dos nenos e nenas a seren escoitados-as nos aspectos que teñan relevancia nas súas vidas e que a súa opinión sexa tida en conta. Debe asegurar tamén que os tribunais non poidan utilizar argumentos xenéricos e baleiros á hora de establecer cal é o interese superior e que, pola contra, deban referirse ao contexto concreto do neno ou nena. Debe ser unha obriga dos tribunais establecer medidas de protección urxentes cara  os nenos e nenas vítimas no prazo que se estableza dende a presentación da denuncia. Debe concretarse tamén o procedemento polo cal se considera a súa madurez e contemplar que, unha vez acadada a idade na que é responsable penal dos seus actos, 14 anos, a súa opinión debe ser vinculante. A lei debe contar necesariamente cunha dotación económica importante para poder ser levada a efecto, en caso contrario será un simple lavado de cara.

Isto no tocante ao reto de mellorar a xustiza, cunha perspectiva de futuro. Sen embargo hai outra dimensión igualmente necesaria, primordial para as entidades que estamos cada día en contacto con persoas de carne e óso, que sofren. A restauración do dereito a unha vida digna e sen violencia de todas esas vítimas menores de idade que quedaron atrapadas nese período de práctica xudicial anómala e que seguen a vivir no terror da revitimización. Pensamos na nena que convive co seu presunto agresor dende hai dous anos, e ten 5, afastada (completamente, ningún contacto permitido) da súa nai por un suposto trastorno mental que o sistema público de saúde desminte; a adolescente de 13 anos a quen a xustiza se nega a ter en conta, obrigada a visitar a un proxenitor a quen teme; outra adolescente, 14 anos, a quen o tribunal pretende revincular por medio da “mediación”. Son só tres exemplos. A xustiza debe facer un traballo de autocrítica, facer caer esa xurisprudencia perniciosa. Cómpre realizar unha revisión de sentenzas, especialmente naqueles casos nos que existe un risco de revitimización. Non é tarefa fácil, non hai costume no estado español de que os tribunais dean un paso atrás e recoñezan unha práctica inadecuada, e sen embargo é a única opción humana.

As entidades que participamos debemos estar satisfeitas, hai unha lección que aprender de todo isto: cando imos xuntas chegamos máis lonxe. Un agradecemento moi especial a todas as familias que colaboraron aportando a documentación dos seus casos, sen a cal a petición non tería continuado a súa tramitación. E tamén a aqueloutras que quererían ter participado pero que, por medo a repercusións nos seus procedementos xudiciais, non o puideron facer.

 

A Xunta Directiva de AGAMME, 25 de xaneiro de 2019.

PSdeG-PSOE retira a Proposición Non de Ley sobre a figura do coordinador parental

A reunión da comisión do Parlamento Galego prevista para o pasado 23 de xaneiro para abordar a proposta de introducir en Galiza a figura do coordenador parental, non se realizou, debido a que o grupo que a presentaba, PSdeG-PSOE procedeu a retirala. Previamente, o grupo de Partido Popular tiña presentado unha emenda no sentido de introducila como plan piloto. A retirada da proposta non permitiu debatir tal iniciativa.