No Brasil, comezaba este ano a primeira edición do programa MasterChef. A concursante de 12 anos, Valentina, que pretendía chegar a ser a gañadora do concurso, levantou nas redes sociais unha marea de comentarios. Os comentarios non eran referidos ás suas cualidades culinarias. Eran comentarios de contido sexual-pedófilo.

A feminista brasileira, Juliana De Faria, lanzou no Twitter o hashtag #PrimeiroAssédio , co que conseguíu nun só día 50 mil tuíts de mulleres compartindo experiencias de acoso sexual que sufriran cando eran nenas ou adolescentes. Miles de historias agochadas que vían a luz demostrando que a cultura do estupro, funciona na sociedade brasileira.

Datos oficiais e recentes do Ipea (Instituto de Pesquisa Econômica Aplicada) mostran que, das 500 mil mulleres que son vítimas de estupro por ano no Brasil, o 70% son nenas e adolescentes – sendo o 51% menores de 13 anos.

Para Viviana Santiago, especialista de xénero da ONG de dereitos infantís Plan International Brasil, o episodio con Valentina expón o problema da “erotización” da neno ou a nena, que acontece cada vez máis cedo. No xeito de vestir, nos xogos, nos xoguetes, nos programas de televisión… hai unha erotización do corpo das nenas, que o converte en obxecto sexual para ser desexado e consumido.

Unha campaña mediática para dar luz ás historias de acoso e abuso sexual contra os menores, que resultou moi útil para concienciar da necesidade de que a sociedade brasileira reflexione sobre o acoso sexual a nenos, nenas e adolecentes.

O caso Valentina abre unha campaña contra a pedofilia e o acoso sexual no Brasil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*