Un recente informe de UNICEF, titulado “Os nenos da recesión”, afonda nas estatísticas que sitúan ao Estado español na cola dos países desenvolvidos no que atinxe ao nivel de vida da infancia. Adxuntamos a continuación o informe completo que vén de ser publicado pola ONG segundo o cal o Estado español é o terceiro país de todos os da UE e a OCDE, só tras Grecia e Letonia, con maior porcentaxe de menores de idade en risco de exclusión social, cun 36,3%, máis de un de cada tres, figurando tamén no máis alto da listaxe de países onde a crise aumentou o número de nenos e nenas que viven baixo o umbral da pobreza, incrementándose en 800.000, entre 2008 e 2012.
Pódese acceder ao informe completo premendo na seguinte imaxe.
Pingback:Novas achegas para comprender a exclusión na nosa contorna | Abrente incerto