O Tribunal Supremo, nun fallo que crea doutrina, avala que o testemuño dun neno ou nena sirva como única proba de cargo en casos de denuncia de abuso sexual infantil. A orixe do fallo atópase na sentencia da Sala do Penal de Málaga, do 20 de decembro de 2012, no que o maxistrado Miguel Colmenero, rexeitou o resurso de casación dun agresor, que foi condeado en decembro de 2011 pola Audiencia de Málaga a tres anos de cárcere por un delito “continuado de abuso sexual” á súa sobriña.
A partir deste caso, a palabra dunha nena ou neno, sempre que sexa espontánea, vale tanto como a declaración dun adulto ante o xuíz. Mesmo o seu único testemuño ante o tribunal pode ser suficiente para condear á cárcere ao seu agresor, aínda en casos nos que non sexa posible recavar probas fehacientes ou testemuñas que confirmen o relato dos menores.
Pingback:O Tribunal Supremo avala que o testemuño dun neno ou nena sirva como única proba de cargo