Desde AGAMME apoiamos e difundimos a petición de sinaturas que unha nai dirixe á sociedade, medios públicos, xustiza e defensor do menor e que encabeza como segue:
“Quítanme a custodia da miña filla para darlla ao pai, condeado por malos tratos, imputado por presuntos abusos sexuais cara á miña filla de 9 anos. Por favor protexan á miña filla, busco protección, que esa non se execute, protección para a miña filla”.
Pódese asinar e consultar o texto completo na seguinte ligazón:
Petición de sinaturas dunha nai á que lle quitan a custodia da súa filla en favor do pai, condeado por malos tratos e imputado por abusos sexuais