Desde AGAMME queremos compartir a advertencia que chegou a nós en datas recentes pola proliferación de páxinas que incitan á pedofilia en redes sociais como o Facebook. As empresas responsables destas redes sociais non consideran necesaria a súa retirada por non conter imaxes de sexo explícito mais desde AGAMME queremos lembrar que existe un portal para denunciar esta caste de contidos, no Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil e que a denuncia a través desta plataforma pode ser anónima. Asemade, lembramos que a denuncia ante a crenza ou sospeita dunha situación de maltrato de calquera índole é unha obriga.
Velaquí o enlace ao Grupo de Delitos Telemáticos: https://www.gdt.guardiacivil.