A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) participa mañá venres 13 de novembro, a partir das 10.30 horas nunha rolda de prensa na que se presentará a xornada “O sesgo machista na aplicación das políticas: o caso da xustiza”, que vai ter lugar no Parlamento Europeo o vindeiro mércores 18 de novembro. No acto de presentación, que terá lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, participará a eurodeputada de AGE, Lidia Senra, e a coordinadora de AGAMME, Estrela Gómez.
Convocatoria de prensa en pdf.
Presentación da xornada: “O sesgo machista na aplicación das políticas: o caso da xustiza”