Namentres os relatorios do venres, das III Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia. Pobreza e violencia estrutural tiveron un marcado cariz teórico e conceptual, os relatorios do sábado 7 de xuño, referíronse a sectores concretos, relacionados con dereitos fundamentais da infancia, cuxo acceso universal está a verse comprometido na actual política de recortes.
Educación
Encetaron a mañá dous representantes do sector educativo, por unha banda Lupe Ces, activista e feminista, que participou nas xornadas desde a súa experiencia de 30 anos de servizo como mestra na escola pública da comarca de Ferrolterra. De seguido tivo a súa quenda Xabier Sánchez, presidente da Federación de ANPAs de Ferrolterra dende o ano 2009 e, actualmente e dende a súa constitución en 2014, presidente tamén da Confederación de ANPAs Galegas.
Audio da intervención de Lupe Ces e Xabier Sánchez:
Os relatorios sobre educación en vídeo:
Discapacidade
Para nos falar dos principais atrancos que, na actualidade, sofren os menores con algún tipo de discapacidade, contamos coa diplomada en Traballo Social e licenciada en Ciencias do Traballo pola Universidade Complutense de Madrid, Lidia Martín Remesal, que ademais é especialista en peritaxe social e animación sociocultural. Na actualidade traballa na Asociación Sociocultural ASCM, de persoas con diversidade funcional, dende cuxa experiencia intervíu nas xornadas.
Audio do relatorio de Lidia Martín Remesal:
A continuación en vídeo os relatorios sobre discapacidade e inmigración:
Inmigración
A cuarta relatora da mañá foi Beatriz Dorrio, Doutora en Psicoloxía Forense e Presidenta do Patronato Concepción Arenal, entidade nacida en 1906 como asilo infantil para menores en situación de exclusión e reconvertido en casas de acollida para mulleres con ou sen fillos. Dende o seu traballo dentro do Patronato afondou nas políticas que afectan aos menores inmigrantes no Estado español.
Intervención en audio de Beatriz Dorrio. O relatorio en vídeo inclúese no youtube enlazado no punto anterior.
Vivenda
Para analizar as dificultades dos máis pequenos para o acceso a unha vivenda digna contamos coa intervención de Inacio Martínez, activista ferrolán, coñecedor da realidade desta comarca como sindicalista e militante político e como impulsor de iniciativas de economía e acción social alternativas. O seu relatorio parte da experiencia como membro activo da Plataforma STOP Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra.
Relatorio en audio de Inacio Martínez:
Sanidade
Xa na recta final das xornadas, afondamos nun dos dereitos fundamentais de todo ser humano, o do acceso á sanidade. Para nos falar das últimas políticas que están a sofres, especialmente menores inmigrantes e mulleres embarazadas, interveu nas Xornadas Inés Fernández, da ONG Médicos del Mundo-Galicia.
A continuación, a intervención de Inés Fernández en audio, o relatorio en vídeo inclúese no youtube inserido no apartado de vivenda:
Xustiza
Para rematar as Xornadas visitounos Cristina Martínez, de Mujeres Xuristas Themis, que nos falou dende a súa experiencia profesional como avogada e asesora xurídica externa do Centro de Información á Muller do Concello de Arteixo.
Velaquí a súa intervención en audio:
E aquí o seu relatorio en vídeo: