Achegamos un treito do programa “Hoy por hoy” do 9 de decembro que atixiu distintas problemáticas relativas á violencia de xénero. Diversas especialistas conversan no programa dirixido pola xornalista Pepa Bueno sobre as dificultades que atopan as mulleres á hora de ser tidas en conta as súas denuncias, arredor da crenza infundada da falsa denuncia e, algo que preocupa especialmente en AGAMME, sobre o mantemento do réxime de visitas dos menores co pai maltratador, tan só suspendido no 3% dos casos.

O fragmento dá inicio no minuto 11 con 30 segundos, aproximadamente.

Sobre a violencia machista en “Hoy por Hoy”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*