O 26,7% dos menores con discapacidade é vítima dalgún tipo de violencia no mundo xa que son un dos colectivos máis vulnerables da sociedade, que ademais ten entre tres e catro veces máis probabilidades de ser vítima de maltrato.
Son datos que vén de achegar a directora de Sensibilización de Unicef, Marta Arias, durante a presentación do informe Estado Mundial de la Infancia 2013, que nesta ocasión dedica un monográfico aos nenos e nenas con discapacidade, a pesar das poucas estatísticas que hai nesta materia.
No mundo hai á volta de 93 millóns de menores de 14 anos con algún tipo de discapacidade, segundo cifras achegadas por Unicef que datan de 2004, e no Estado español, onde tamén hai unha preocupante ausencia de datos neste sentido, hai 140.000 nenos de até 16 anos, única cifra dispoñible extraída do Instituto Nacional de Estatística de 2008.
El informe de Unicef fai fincapé, segundo explicou a súa presidenta en España, Consuelo Crespo, en que cando aos menores con discapacidade se lles dá a oportunidade son perfectamente capaces de superar os obstáculos e de converterse en axentes de cambio. “Cada oportunidade negada é unha oportunidade perdida”, destacou Crespo durante a súa intervención na rolda de prensa.
O acceso á saúde e á educación, así como garantir a nutrición e a protección fronte á explotación e o abuso, son claves para que este colectivo poida integrarse nas comunidades. Os menores con discapacidade son obxecto de maior violencia que aqueles da súa idade que non sofren ningunha discapacidade e é que teñen ata tres e catro veces máis de posibilidades de sufrir maltrato e o 26,7%, ademais, foi vítima de violencia física ou sexual.
En moitos casos, segundo sinala o informe de Unicef, a violencia exércese nos centros especiais nos que se atopan estes nenos, unha realidade que, entre outras cousas, leva a esta organización de Nacións Unidas a facer un chamamento para non internar a estes menores en institución, pois a inclusión dos nenos con discapacidade beneficia a toda a sociedade e por iso a organización propuxo un plan de acción que loita contra a discriminación a todos os niveis.
Así, reclama aos gobernos que aínda non o fixeran a ratificar e aplicar as convencións sobre discapacidade, insta a loitar contra a discriminación, a eliminar as barreiras á inclusión, a pór fin á institucionalización, a avanzar máis alá das normas mínimas e incorporar a estes niños na toma de decisións, así como a promover a investigación.
Pódese consultar o informe íntegro premendo aquí