O sábado, 1 de febreiro ás 11.00 h, faremos unha xuntanza na Casa das Mulleres, Casa Xohana Torres, de Santiago de Compostela (Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, s/n), para abordar o tema do Coordinador Parental e o Servizo de Apoio Integral e Multidisciplinario (SAFIM).
Orde do día:
1. Repercusión e tratamento nos medios de comunicación.
2. Plan de acción das propias asociacións, grupos, colectivos que formamos parte da denuncia Coordinador Parental e accións coordinadas en conxunto.
3. Subvencións a SAFIM por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
4. Varios.
5. Novas incorporacións.
Pregamos difusión
Xuntanza informativa sobre o Coordinador Parental e o Servizo de Apoio Integral e Multidisciplinario