Achegamos os vídeos nos que recollemos integramente os relatorios das IV Xornadas de AGAMME sobre o maltrato á infancia e á adolescencia, que tiveron lugar o pasado 15 de abril no Ateneo Ferrolán. O noso agradecemento a Sonia Vaccaro, José Antonio Ramos, Felisa Balboa e á concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ferrol, Beatriz Sestayo, polas súas interesantísimas intevencións, así como ao público asistente por facer parte das xornadas.