A recente sentenza do Tribunal Supremo estabelece que os menores deben ser ouvidos en procedementos xudiciais que decidan a súa custodia sempre que a súa madurez faga presumir que teñen suficiente xuízo e, en todo caso, cando teñan máis de doce anos.

No caso concreto aludido o Supremo ordenou á Audiencia Provincial de Ourense a escoitar aos dous fillos dunha parella antes de decidir se concede o réxime de custodia compartir o lla outorga a un dos proxenitores. O alto tribunal alude á Lei de Enxuizamento Civil, a Lei de Protección do Menor, o Convenio dos Dereiros do Neno e da Nena e a Carta Europea de Dereitos Fundamentais para destacar que “cando a idade e madurez do menor fagan presumir que ten suficiente xuízo e, en todo caso, os meiores de 12 anos, han de ser escoitados nos procedementos xudiciais nos que se resolva sobre a súa garda e custodia, sen que a parte poida renunciar á proposición da devandita proba, debendo acordala no seu caso o xuíz de oficio”.

A sentenza, da que foi poñente o maxistrado Francisco Javier Arroyo, lembra que neste mesmo sentido se pronunciou a resolución do Tribunal Constitucional do 6 de xuño de 2005 e precisa que cando o tribunal acorde non practicar esta audición en aras ao interese do menores, será necesario que o resolva de xeito “motivado”.

Os maxistrados obrigan así a retrotraer as actuacións, preservando a intimidade dos menores, neste caso que se remonta a 2010 cando a parella se divocia de mutuo acordo tendo o seu fillo 12 anos e a súa filla 5 anos de idade.  A Lei de Enxuizamento Civil ao igual que a Lei de Protección do Menores e os convencios internacionais citados estabelecen que o menor ten dereito a expresar a súa opinión nos procedementos administrativos ou xudiciais que lles afecten en función da súa idade e madurez.

O Tribunal Supremo obriga a un xuíz de Ourense a escoitar a dous menores para decidir sobre a súa custodia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*