O pasado sábado 27 de febreiro milleiros de persoas saíron á rúa para reclamar que se cumpran todas os protocolos internacionais en materia de dereitos humanos coas persoas refuxiadas que, arestora, se atopan ou tentan entrar en territorio europeo. Desde a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) apoiamos a mobilización que tivo lugar na Coruña, conscientes da especial gravidade da vulneración dos dereitos das persoas refuxiadas entre os nenos, nenas e adolescentes. Deixámosvos coas imaxes do xornal La Opinión: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/02/28/refugiados-bienvenidos/1045913.html

manifiestacion-coruna-refugiados-14_g

Refuxiados/as, benvidos/as

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*